A Casa do Sol é un edificio situado na cidade da Coruña, na esquina da rúa Sol coa avenida de Pedro Barrié de la Maza, fronte á praia do Orzán.

Foi deseñado por Pedro Mariño en 1903, e nun primeiro momento foi dedicado a tratar doenzas como a tuberculose. Actualmente é propiedade do concello da Coruña, e nel ten a súa sede a Comisión de Festas da cidade.

Descrición A Casa do Sol é un edificio de planta cadrada de 12×12 metros dun único andar. As fachadas son simétricas e nelas destaca a decoración da cornixa. Remátase cun lucernario situado no centro, sobre a que era a sala de espera do dispensario.

Inicialmente ía construírse entre as cocheiras do tranvía e o lavadoiro do Orzán, mais en 1905, cando se concedeu a licenza de construción, decidiuse a súa localización actual.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Sol Categoría:Arquitectura civil na Coruña