Kritik der praktischen Vernunft (en galego, Crítica da razón práctica), é a segunda das tres críticas de Immanuel Kant, publicada por primeira vez en 1788. Trata sobre a súa filosofía da moral, e continúa na liña da Crítica da razón pura. A gran maioría dos argumentos deste libro están expresados máis extensamente nos seus Principios fundamentais do coñecemento metafísico.

A segunda Crítica exerceu unha enorme influencia no desenvolvemento posterior no ámbito da filosofía ética e moral, empezando coa Doutrina da Ciencia de Johann Gottlieb Fichte. Durante o século XX converteuse no principal punto de referencia para toda filosofía moral.

Véxase tamén Outros artigos Die Metaphysik der Sitten Grundlegung zur Metaphysik der Sitten Immanuel Kant Kritik der reinen Vernunft

Categoría:Obras de Immanuel Kant Categoría:Obras literarias de 1788 Categoría:Obras literarias en alemán