Hubert Neuper, nado o 29 de setembro de 1960 en Bad Aussee, é un antigo saltador de esquí austríaco.
Vencedor do Torneo dos Catro Trampolíns e a Copa do Mundo na temporada 1979/1980. Nas Olimpiadas de Inverno de 1980 en Lake Placid gañou a medalla de prata en trampolín grande individual. Neuper tamén levou unha medalla de prata en salto grande por equipos no Campionato do Mundo de Esquí Nórdico de 1982 en Oslo.
Despois de retirarse da alta competición traballou como piloto ó tempo que dirixía unha escola de esquí en Bad Mitterndorf, Austria. Entre 1997 e 2000 foi director da Österreichische Sporthilfe. En 2003 publicou a súa autobiografía titulada Fatline. Hubert foi tamén representante do Consello Consultivo da ORF polo FPÖLothar Höbelt, Defiant Populist, 2003
Notas
Categoría:Saltadores de esquí olímpicos de Austria Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Estiria, Austria Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Austria Categoría:Saltadores de esquí nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1980