Paradise Lost (en galego O paraíso perdido) é un poema narrativo de John Milton (1608-1674), considerado como un clásico da literatura inglesa, e que deu orixe a un tópico literario moi espallado na literatura universal. Supera os 10.000 versos escritos sen rima.Di Milton no prólogo: "A rima non é un complemento necesario nin un verdadeiro ornameno do poema ou o bo verso, especialmente nas obras máis extensas (...) Este abandono da rima non ha de terse, pois, por un defecto (...) senón máis ben considerarse como un exemplo, o primeiro en inglés, da antiga liberdade recuperada para o poema heroico". O poema é unha epopea sobre o tema bíblico da caída de Adán e Eva. Trata, fundamentalmente, do problema do mal e o sufrimento no sentido de responder á pregunta de por que un Deus bo e todopoderoso decide permitilos cando lle sería doado evitalos.
Milton responde a través dunha descrición psicolóxica dos principais protagonistas do poema: o demo, Deus, Adán e Eva, cuxas actitudes acaban por revelar a mensaxe esperanzadora que se atopa trala perda do paraíso orixinal. No poema, o ceo e o inferno representan estados de ánimo antes que espazos físicos.
A obra comeza no inferno (descrito mediante referencias á permanente insatisfacción e desesperación dos seus habitantes), dende onde Satanás (definido polo sufrimento) decide vingarse de Deus de forma indirecta, isto é, a través dos seres recentemente creados que viven nun estado de ledicia permanente.
Estrutura
miniatura|O Demo, o protagonista principal do Paraíso Perdido, debuxado por Gustave Doré.
Presentación de Satanás
Ao comezo do poema exponse o seu asunto: a caída do home no pecado. Tras isto, nárrase a historia de Satanás, o máis fermoso dos anxos, que antes da creación do mundo encabezou unha rebelión de anxos contra Deus, polo cal este expúlsalle a el e ao seu séquito do Ceo e os condena a permanecer nun lugar terrible chamado Inferno. Alí, Satanás arenga aos seus fieis para vingarse de Deus, pero non coa forza, senón a través da astucia e o engano. E para iso dispón que se empregue a unha futura criatura súa, o home:
Adán, Eva e a árbore do coñecemento do Ben e do Mal
miniatura|Albrecht Dürer, 1507.
Satanás encárgase de ir el só a descubrir o novo mundo; Deus veo e ensínallo ao seu Fillo, ao que lle explica que o home vai ser culpable, polo cal o Fillo preséntase voluntario para expiar coa súa morte o pecado do home. Satanás explora o novo mundo, que é descrito ao lector, e pescuda onde está a morada do home, a nova creación divina. Alí contempla, admirado, a perfección da súa forma, e pescuda a prohibición que pesa sobre Adán e Eva, primeiros seres humanos, para comer o froito do árbore do coñecemento do ben e do mal.
Adán e Eva desobedecen a Deus
Deus, atento ao que sucede no paraíso, envía ao arcanxo Rafael para exhortar a Adán e Eva á obediencia e previrlles da trama de Satanás; ademais, ten detalle da historia do anxo caído. Satanás volveu ao paraíso en forma de serpe, e cando atopa a Eva soa, explícalle que ten o don de falar grazas ao froito dunha árbore. Conduce a esa árbore a Eva, que recoñece a árbore do coñecemento do ben e do mal; con argucias e mentiras fomenta dúbidas en Eva:
Expulsión do paraíso
Despois de probares a froita, Eva doulla a Adán para que el tamén a probase. Adán, malia reprocharlle a Eva a súa desobediencia, come da froita, porque o seu amor por Eva fai que queira compartir a súa sorte.
Ao coñecer Deus a caída no pecado de desobediencia das súas criaturas, enviou ao arcanxo Miguel para que lles comunicase a súa expulsión do paraíso e que Deus aceptaba as súpricas que lle fixera Adán de pospoñer a súa morte. Antes da expulsión definitiva, Miguel explica á parella o futuro e destino da humanidade, dominado polo esforzo e o sufrimento por mor do seu pecado orixinal, e móstralles o mundo que van morar eles e os seus descendentes:
Recibimento O Paraíso perdido tivo unha importante recepción. Nel baseouse Gottfried Van Swieten para escribir o texto que serviría de base á composición de A Creación de Joseph Haydn, un importante oratorio que recolle a primeira parte do texto de Milton. Remata coa creación de Adán e Eva e as súas loanzas a Deus, sen presentar os episodios posteriores que levarán á perda do Paraíso.
Por outra banda, a conveniencia de traducir ou non este texto xerou un importante debate na Ilustración en alemán. Así, mentres os ilustrados máis estritos, como Johann Christoph Gottsched opoñíanse a iso, por tratarse dun texto cheo de elementos sobrenaturais e fantasiosos, os ilustrados suízos Johann Jakob Bodmer e Johann Jakob Breitinger van avogar pola súa tradución, admirando a forza do texto. Tamén os prerrománticos como Johann Gottfried Herder van mostrarse abraiados pola forza do texto.
Notas
Categoría:Epopeas Categoría:Obras de poesía en inglés Categoría:Obras literarias de 1667