The Ex é unha banda musical anarquista dos Países Baixos. Formáronse en 1979 no momento da explosión punk orixinal e dende entón publicaron máis de vinte álbums de longa duración.

Traxectoria A música do grupo sufriu unha notable evolución a través dos anos, comezando como unha simple banda anarcopunk "lo-fi". Debutaron coa canción "Stupid Amercians" no mini-álbum recompilatorio Uterg Punx, publicado por Rock Against Records en Rotterdam no verán de 1980. Pouco despois chegou a publicación do seu primeiro 7" All Corpses Smell The Same. Ao longo das décadas foron desenvolvendo gradualmente a súa actual obra, altamente intricada, experimental, de inspiración punk, post punk e new wave.

Irrompendo dende os confíns relativamente estreitos do punk rock, The Ex incorporaron un amplo abanico de influencias, a miúdo procedentes de fontes non occidentais e alleas ao rock. Estes inclúen a música folk húngara e turca e, máis recentemente; a música de Etiopía, República Democrática do Congo e Eritrea (do que a canción da independencia é versioneada pola banda no álbum Tum). Outros exemplos de ramificación estilística atópanse no dobre álbum de música improvisada Instant e nunha publicación editada baixo o alcume Ex Orkest, unha big band de 20 pezas reunida para realizar actuacións nun festival nos Países Baixos.

A banda realizou con éxito colaboracións con artistas moi diversos, como a banda anarquista británica Chumbawamba (ás veces utilizando o nome Antidote), os Dog Faced Hermans (un antigo membro desta banda, Andy Moor, é actualmente parte de The Ex), e co defunto violoncellista de avant-garde, Tom Cora a comezos dos anos 1990, colaboración esta última que deu como froitos o álbum Scrabbling At the Lock en 1991 e o subseguinte And the Weathermen Shrug Their Shoulders en 1993. Tamén colaboraron con membros de Sonic Youth, a orquestra holandesa de improvisación ICP, e publicaron un mini-álbum en colaboración co grupo de Chicago Tortoise.

O baixista Luc deixou a banda en 2003, substituído por Rozemoire (dobre baixo). En 2005, Rozemarie deixou a banda..

The Ex protagonizan o documental Building a Broken Mousetrap (2006), dirixido por Jem Cohen.

Discografía Álbums Disturbing Domestic Peace (1980) History is What's Happening (1982) Tumult (1983) Blueprints for a Blackout (1984) Support the Miners' Strike (1985) Pay no More than 6 Fr. (1985) Pokkeherrie (1985) Too Many Cowboys (1987) Antidote Live in Wroclaw (1987) Aural Guerilla (1988) Joggers and Smoggers (1989) Treat (1990) Scrabbling at the Lock (1991) And the Weathermen Shrug Their Shoulders (1993) Instant (1995) Mudbird Shivers (1995) Starters Alternators (1998) Dizzy Spells (2001) Een Rondje Holland (2001) Turn (2004) Moa Anbessa (2006)

Mini-álbums e sinxelos All Corpses Smell the Same (1980) New Horizons in Retailing (1980) Live-Skive (1980) Weapons for El Salvador (1981) Villa Zuid Moet Blijven (1981) Dignity of Labour (1983) Gonna Rob the Spermbank (1983) The Red Dance Package (1983) Enough is Enough (1984) 1936 - The Spanish Revolution (1984) Destroy Fascism! (1987) Rara Rap/Contempt (1988) Stonestampers Song/Lied Der Steinklopfer (1990) Dead Fish (1990) Keep on Hoppin'/Crap Rap (1990) 6.1 Slimy Toad/Jake's Cake (1991) 6.2 Ceme Ryne/Millitan (1991) 6.3 Hidegen Fujnak A Szelek/She Said (1991) 6.4 Bimhuis 290691 (1991) 6.5 This Song is in English (1991) 6.6 Euroconfusion/Bird in the Hand (1992) In the Fishtank 5 (1999, xunto con Tortoise) In the Fishtank 9 (2002)

Aparicións en compilacións Utregpunx (1980) Viva Umkhonto! (1987) Hands Up! You're Free (1988) Ample (1991) Singles. Period. The Vinyl Years 1980–1990 (2005)

Vídeos/DVDs Live at the Bimhuis (1992) Beautiful Frenzy (2001)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial de The Ex Discografía de The Ex

Categoría:Grupos musicais dos Países Baixos Categoría:Grupos musicais de punk rock Categoría:Grupos musicais formados en 1979