A placa pacífica é unha placa tectónica oceánica que abrangue a meirande parte do océano Pacífico. É a placa máis grande do planeta. Unha das súas principais características é o punto quente "cinto de lume" interior que deu orixe ás Illas Hawai e a numerosos volcáns.

Límites miniatura|300px||esquerda miniatura|300px|Mapa da Placa Pacífica no que se poden apreciar as beiras de placa As placas coas que limita son: Ó norte a placa norteamericana, coa que ten un converxente que forma a Fosa das Aleutianas e as Illas Aleutianas. Ó sur, a placa antártica, coa que ten unha beira diverxente. Ó leste, a placa do explorador, a placa Xoán de Fuca e a placa de Gorda na parte Norte; a Placa Norteamericana (ó longo da Falla de San Andrés) e a placa de Cocos no centro; ó Sur coa placa de Nazca. En todos estes casos trátase de beiras diverxentes. Ó oeste, a placa eurasiática, a placa filipina (en cuxa beira fórmase a Foxa das Marianas) e a placa indoaustraliana, coa que ten un límite xeralmente converxente, pero noutras partes é un bordo transformante, por exemplo á altura da Falla Alpina.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Placa tectónica Tectónica de placas Zona de subdución Deriva continental

Pacifica