miniatura|. A representación constitúe o momento álxido do teatro, pois integra tódolos elementos dispersos na creación dramática achegando o dominio en que a acción dramática acada, grazas ós personaxes e por mor dun repertorio de situacións dramatúrxicas, a súa execución. A representación é un acto comunicativo no cal conflúen múltiplos participantes: autor, director, actores, espectadores, luminotecnia...
Na representación podemos xebrar dous planos:
O plano da autoría: O autor perfila un texto para que o director sexa quen de desenvolver escenicamente o por el maxinado. Nese texto, o autor afina o escenario por medio das anotacións, deseña os personaxes mediante caracterizacións directas ou indirectas, formula os diálogos,... O plano escénico: A compañía realiza a posta en escena baixo o arbitrio do director.
Véxase tamén Bibliografía Kunt Spang: Géneros literarios. Ed. Síntesis. Madrid 1983. García Barrientos: Tiempos y drama. CSIC. Madrid 1991. Pavis, Patrice: Diccionario del teatro. Dramaturgia, estética, semiología. Ed. Paidós. Barcelona. 1980
Outros artigos Teatro
Categoría:Teatro