Voice Crack foi un grupo suízo que tocaba música improvisada usando electrónica.

Formado a finais do 1972 por Andy Guhl e Norbert Möslang, Voice Crack adicáronse inicialmente ao free jazz. Comezaron a incorporar gravacións en cinta magnetofónica e a procesar o son en directo, abandonando no 1973 a instrumentación "normal" polo que eles chamaron "cracked everyday electronics": obxectos mundanos como "radios, pratos xiradiscos, transmisores, dictáfonos" e outros aparatos electrónicos son diseccionados e manipulados para producir "novos sons usando ondas magnéticas e ondas de radio nun sistema complexo controlado por movementos das súas mans e pola luz."

A música resultante -varios zunidos superpostos, clics, drones e oscilacións- foi descrita como "un arco de ondas magnéticas caendo en cascada a través do ceo mentres tres criaturas tricéfalas corren e remexen flora alieníxena ... ou polo menos sona a iso.", e foi comparada a algunha das obras de John Cage.

Voice Crack colaboraron con Borbetomagus, Butch Morris (como parte dun grupo meirande), e foron membros de poire z.

Os membros de Voice Crack decidiron finalizar a súa colaboración no ano 2002 despois de trinta anos.

Discografía Como o dúo Möslang/Guhl Deep Voices (LP, FMP 1977) Brissugo (casete, Uhlang Produktion 1980) Knack On (LP, Uhlang Produktion 1982) Werkstatt Eisen (casete, Uhlang Produktion 1983) Voice Crack (LP, Uhlang Produktion 1984) Radio Laboratorium (casete, Uhlang Produktion 1985) Draht (casete, Verlag Versser 1987)

Como Voice Crack Kick That Habit (LP, Uhlang Produktion 1986) Earflash (LP, Uhlang Produktion 1990) Below beyond above (CD, Uhlang Produktion 1997) Taken & changed (MP3, fals.ch 1998) infra_red (CD, Uhlang Produktion 1999) shock_late (LP, emm 2000) Ballchannel (7", meeuw muzak 2000)

Colaboracións Borbetomagus e Voice Crack - Fish that sparkling bubble (LP, Uhlang Produktion/Agaric 1987) Borbetomagus e Voice Crack - Asbestos shake (CD, Uhlang Produktion/Agaric 1991) Borbetomaugs e Voice Crack - Concerto for cracked everyday-electronics and chamber orchestra (CD, Uhlang Produktion/Agaric 1994) Günter Müller, Voice Crack, Jim O'Rourke - Able chair and hatstand (CD, For4ears 1996) Otomo Yoshihide, Voice Crack - Bits, bolts and signs (CD, Erstwhile records 2000) Lionel Marchetti, Jérôme Noetinger, Voice Crack - double_wash (CD, Grob 2001)

Notas

Ligazóns externas Antiga páxina do grupo Páxina web de Andy Guhl Páxina web de Norbert Möslang

Categoría:Música electrónica