A Güiana Francesa (en francés: Guyane) é un departamento de ultramar de Francia xunto á costa do mar Caribe, en América do Sur. Limitada ao norte co océano Atlántico, ao leste e sur co Brasil e ao oeste co Suriname.
A súa área é de 90.000 km², e ten 191.309 habitantes (xullo 2004). A súa capital é Caiena. O idioma oficial é o francés, aínda que tamén se fala o patois.
Neste territorio, a Axencia Espacial Europea ten o Centro de lanzamento de Kourou, sede dos cohetes Ariane.
Demografía
Relixións Catolicismo: 85,8 % Ateísmo: 5 % Protestantismo: 4,2 % Bahaísmo: 0,8 % Relixións folclóricas chinesas: 0,8 % Islam: 0,8 %.
Véxase tamén Outros artigos Crioulo da Güiana Francesa
Categoría:Güiana Francesa Categoría:Francia Categoría:Departamentos de Francia