Marco Bellocchio, nado o 9 de novembro de 1939 en Bobbio, é un director de cinema italiano.

Biografía Xa de rapaz, na escola salesiana onde estudaba mostrou interese polo mundo do cinema. En 1959 desprazouse ata Londres para estudar cinematografía. Ós 26 anos dirixe en Bobbio o seu primeiro filme, I pugni in tasca (1965), no cal se nota o seu anticonformismo, o que tamén sucede nos dous seguintes La Cina è vicina (1967) e Il popolo calabrese ha rialzato la testa (Paola) (1969). Nese mesmo ano participou cun episodio no filme Amor e rabia (1969) xunto con Pasolini, Bertolucci, Lizzani e Godard.

En 1971 foi un dos asinantes do manifesto de intelectuais contra o comisario Luigi Calabresi ó que acusaban da morte do anarquista Giuseppe Pinelli.

No filme Nel nome del padre (1972) con Laura Betti evocou a súa infancia en clave grotesca e nese ano tamén dirixiu a Gian Maria Volonté en Sbatti il mostro in prima pagina (1972). En Pianeta Venere (1974, dirixido por Elda Tattoli), Bellocchio actuou como actor. A súa seguinte película é unha dura acusación contra os manicomios, Nessuno o tutti - Matti da slegare (1975) e realizou unha versión da novela de Anton Chekhov Il gabbiano (1977).

En 1978 coñece o psiquiatra Massimo Fagioli, co que mantivo unha longa e frutífera relación: Fagioli participou activamente na realización de catro filmes de Bellocchio (Il diavolo in corpo, La visione del Sabba, La condanna e Il sogno della farfalla).

Logo de Armonica a bocca (1979) e Vacanze in Val Trebbia (1980) dirixiu a Marcello Mastroianni en Enrico IV (1984), baseado nunha comedia de Luigi Pirandello, e de seguido Il diavolo in corpo (1986) baseada nun libro de Raymond Radiguet e ó ano seguinte roda La visione del Sabba (1987).

Na súa produción dos anos noventa son de salientar La condanna (1990) e La balia (1999).

En 2002 dirixiu a Sergio Castellitto en L'ora di religione, coa que recibe o Nastro d'Argento ó mellor director, ó ano seguinte evocou o secuestro de Aldo Moro en Buongiorno, notte.

En 2006 foi candidato para a Cámara dos Deputados na lista da Rosa nel Pugno constituída por radicais e socialistas, abandonando o seu histórico apoio ós comunistas.

Ese mesmo ano realizou o filme Il regista di matrimoni (2006), novamente con Castellitto.

En Bobbio dirixe o Laboratorio Farecinema e o Festival cinematográfico Bobbio film festival.

En 2008 dirixiu Vincere, un filme que dá conta da atormentada vida de Ida Dalser, amante de Benito Mussolini e nai do seu fillo Benito Albino.

Filmografía Curtametraxes 1961: Abbasso il zio La colpa e la pena 1962: Ginepro fatto uomo, mediametraxe 2000: L'affresco

Longametraxes Filme para TV Il gabbiano (1977) Filmes para o cinema I pugni in tasca (1965) La Cina è vicina (1967) Discutiamo, discutiamo (episodio de Amor e rabia, 1969) Nel nome del padre (1971) Sbatti il mostro in prima pagina (1972), con Gian Maria Volontè Matti da slegare (1974) Marcha triunfal (1976) Salto nel vuoto (1978) Vacanze in Val Trebbia (1979) Gli occhi, la bocca (1982) Enrico IV (1984), con Marcello Mastroianni Il diavolo in corpo (1986) La visione del Sabba (1988) La condanna (1991) Il sogno della farfalla (1994) Il principe di Homburg (1996), con Gabriele Lavia, Fabrizio Bentivoglio La religione della storia (1998) La balia (1999) L'ora di religione (2002), con Sergio Castellitto Buongiorno, notte (2003) Il regista di matrimoni (2006), con Sergio Castellitto Sorelle (2006) Vincere (2008)

Documentais 1969: Il popolo calabrese ha rialzato la testa (Paola), documental producido pola Unión dos Comunistas Italianos (marxistas-leninistas). Viva il 1° maggio rosso proletario, documental producido pola Unión dos Comunistas Italianos (marxistas-leninistas) 1974: Nessuno o tutti - Matti da slegare (documental cordirixido con Silvano Agosti, Sandro Petraglia e Stefano Rulli) 1979: La macchina cinema (documental de TV codirixido con Silvano Agosti, Sandro Petraglia e Stefano Rulli) 1995: Sogni infranti 2002: …addio del passato… (documental de TV sobre a música de Giuseppe Verdi)

Ligazóns externas Entrevista a Bellocchio sobre "L'ora di religione" Bobbio film festival

Categoría:Directores de cinema de Italia Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Italia