Assia Djebar (en árabe آسيا جبار), nada en Cherchell (Tipasa) o 30 de xuño de 1936 e finada en París o 6 de febreiro de 2015, foi unha profesora de historia, xornalista, directora de cine e escritora alxeriana de expresión francesa.
Biografía Assia Djebar naceu co nome de Fatima-Zohra Imalhayène''' nunha familia da pequena burguesía tradicional alxeriana Jean Déjeux, Assia Djebar, écrivain algérien cinéaste arabe. O seu pai, Tahar Imalhayène, era profesor de secundaria orixinario de Gouraya, a súa nai Bahia Sahraoui, pertencía á familia bérber dos Berkani. Assia Djebar pasou a infancia en Mouzaïaville (Mitidja), estudando na escola francesa e nunha escola coránica privada. A partir dos 10 anos estudou no Instituto de Blida, na sección clásica (grego, latín e inglés), rematando o bacharelato en 1953, entrando nas clases preparatorias literarias en Alxer e ó ano seguinte en París para pasar en 1955 á Escola Normal Superior Feminina de Sèvres, foi a primeira muller alxeriana que admitían, onde elixe o estudo da historia. En 1957 publicou a súa primeira novela, La Soif. Casou o ano seguinte cun alxeriano, deixou Francia vivindo en Suíza e en Tunisia, onde traballou como xornalista e realizou o doutoramento. A partir de fins de 1959, é profesora axudante de historia moderna e contemporánea do Maghreb na facultade de letras de Rabat. O 1 de xullo de 1962 volta a Alxeria enviada por L'Express para cubrir os primeiros días da independencia alxeriana. Entre 1962 e 1965 foi profesora de historia na Universidade de Alxer, logo da arabización do ensino da súa disciplina decidiu marchar a París. En 1974 volveu a Alxer como profesora de francés. De 1995 a 2001 foi directora do Centre d'études françaises et francophones de Luisiana en Baton Rouge, e en 1999, foi elixida membro da Academia Real de Lingua e de Literatura Francesas en Bélxica. Despois de 2001 ensinou no departamento de estudos franceses da Universidade de Nova York. O 16 de xuño de 2005 foi elixida para a Académie française, sucedendo a Georges Vedel.
Obras La Soif, novela (1957) Les Impatients, novela (1958) Les Enfants du Nouveau Monde, novela (1962) Les Alouettes naïves', novela' (1967) Poèmes pour l'Algérie heureuse (1969) Rouge l'aube, teatro (1969) Femmes d'Alger dans leur appartement, realatos (1980) L'Amour, la fantasia, novela(1985) Ombre sultane, novela (1987) Loin de Médine, novela (1991) Vaste est la prison, novela (1995) Le Blanc de l'Algérie (1996) Ces voix qui m'assiègent: En marge de ma francophonie, ensaio (1999) La Femme sans sépulture, novela (2002) La Disparition de la langue française, novela (2003) Nulle part dans la maison de mon père, novela (2007) Filmografía La Nouba des femmes du Mont Chenoua (1978) La Zerda ou les chants de l'oubli (1982)
Notas
Categoría:Escritores de Alxeria Categoría:Escritores en lingua francesa Categoría:Directores de cinema de Alxeria Categoría:Personalidades do xornalismo Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Tipasa Categoría:Finados en 2015