Brest é unha cidade e un porto atlántico de Francia situada no departamento francés de Finistère, na rexión da Bretaña. No ano 2008 tiña 142.097 habitantesInstitut national de la statistique et des études économiques. É a segunda cidade da rexión administrativa da Bretaña despois de Rennes.
Xeografía Brest ocupa unha situación estratéxica preto da ruta marítima máis frecuentada do mundo. A rada de Brest, cunha superficie de 150 km2 e separada do océano por un estreito paso de 6 km de longo e 1,8 km de ancho, protexe a cidade e o seu porto das numerosas tormentas que castigan a miúdo a costa bretoa.
Historia A primeira cidadela de Brest foi un campamento romano construído entre os anos 250 e 350: o 'Castellum'. A ocupación romana termina a comezos do século V.
No século XVII Richelieu crea a Mariña de Poñente e o porto de Penfeld; nace o Arsenal e é o comezo do desenvolvemento portuario e militar de Brest, o cal levou á fortificación da cidade, segundo a planificación de Vauban a partir de 1683.
Durante a primeira guerra mundial foi o porto de desembarco das tropas norteamericanas. Na segunda guerra mundial a cidade foi destruída polos bombardeiros e a reconstrución, comezada ao finalizar a guerra, non rematou até 1961.
Eventos culturais e festividades Les Tonnerres de Brest, Festa marítima internacional
Cidades irmandadas Denver (1956) Plymouth (1963) Kiel (1964) Tarento (1964) Yokosuka (1970) Dún Laoghaire (1984) Cádiz (1986) Sapone (1989) Constanţa (1993)
Protocolo de amizade Bejaia (1995)
Notas
Véxase tamén
Bibliografía «Brest» por Jean Ollivro en Enciclopædia Universalis
Ligazóns externas Sito oficial da cidade
Categoría:Cidades de Francia Categoría:Concellos do departamento de Finistère