Charles Greeley Abbot, nado o 31 de maio de 1872 e finado o 17 de decembro de 1973, foi un astrofísico e astrónomo estadounidense, secretario da Smithsonian Institution entre 1928 e 1944.
Traxectoria Abbot naceu en Wilton, Nova Hampshire gradouse na Phillips Academy en 1891 e no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1894, en física química. Samuel Pierpont Langley procuraba un axudante para o Smithsonian Astrophysical Observatory (SAO) e escolleu a Abbot en 1895 pola súa experiencia en traballo de laboratorio malia a súa inexperiencia en astronomía.
Langley especializouse en experimentos aeronáuticos, mentres Abbot actuaba de feito como o director do observatorio desde 1896. Á morte de Langley en 1906 Abbot converteuse no director. Abbot desenvolveu unha técnica para obter un valor máis axeitado para a constante solar, establecéndoa en 1.93 cal/cm²/min (1353 w/m². é o valor actual). Abbot deseñou e construíu aparellos para medir a radiación solar, como un bolómetro que serviu para medir o interior da coroa solar na eclipse de 1900 en Wadesboro, Carolina do Norte.
Estudos miniatura|120px|Charles G. Abbot en 1934 Abbot, como Langley, pensaba que a radiación solar era variable e que esa variabilidade podía alterar o tempo. Investigou na procura desas variacións, agardando que se puideran utilizar nas predicións meteorolóxicas e mesmo pensou que as detectara, dunha orde do 3 ó 10%. Non obstante as investigacións modernas indican que non existe esa variabilidade, agás pequenas variacións debidas ás manchas e erupcións solares. Abbot completou o mapa do espectro infravermello solar, tamén estudou a natureza da transmisión atmosférica e da absorción.
Un cráter da Lúa leva o seu nome.
Véxase tamén Ligazóns externas Biografía na National Academy of Sciences QJRAS 18 (1977) 136
Categoría:Astrónomos dos Estados Unidos de América Categoría:Físicos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Nova Hampshire Categoría:Alumnos do Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts Categoría:Nados en 1872 Categoría:Finados en 1973 Categoría:Astrofísicos