Os Los Angeles Clippers son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede nos Ánxeles (California). Os Clippers compiten cada ano na National Basketball Association (NBA), sendo membros da División Pacífico da Conferencia Oeste. O club xoga os seus partidos como local no Staples Center, pavillón que comparten cos seus rivais da NBA Los Angeles Lakers, o equipo da NBA feminina Los Angeles Sparks e a franquía de hóckey sobre xeo da NHL Los Angeles Kings.
Fundado en 1970, conseguiu o seu primeiro título de división na tempada 2012-13. Ademais tan só en nove tempadas da súa historia lograron máis vitorias que derrotas. A consecuencia deses resultados é, entre outras cosas, os tres trocos de cidade que sufriu o equipo dende a súa fundación, pasando por Buffalo, San Diego e, actualmente, Os Ánxeles.
Historia Buffalo Braves Os Clippers foron fundados na cidade de Buffalo, no estado de Nova York, en 1970. O nome de "Braves" proviña da historia dos nativos americanos na cidade. Os Braves xogaron as súas oito tempadas na cidade no "Buffalo Memorial Auditorium", compartindo o pavillón con outro equipo, os Buffalo Sabres da National Hockey League. O primeiro adestrador do equipo foi o membro do Basketball Hall of Fame Dolph Schayes, mentres que as primeiras estrelas do equipo foron Bob Kauffman e Don May, quen fora adquirido no draft de expansión. Os Braves terminaron a súa primeira campaña cun balance de 22-60, típico en equipos debutantes. Kauffman, que o ano anterior promediara 4,3 puntos cos Chicago Bulls, liderou aos Braves con 20,4 puntos por partido e fíxose un oco no All-Star Game de 1971.
Os Braves repetiron o balance de 22 vitorias e 60 derrotas na seguinte tempada, mais unha serie de fichaxes conseguiron mellorar de xeito importante a calidade do equipo: elixiu no draft ao pivote Elmore Smith e ao escolta Randy Smith, que procedente da Universidade Estatal de Búfalo, converteuse nun dos favoritos do público. Porén, aínda co novo adestrador Jack Ramsay, o equipo non mellorou moito a seguinte tempada, conseguindo un pobre rexistro de 21-61. Con todo, o gran movemento dos Braves esa tempada foi seleccionar no draft a Bob McAdoo, procedente da Universidade de North Carolina, sendo o cambio tan grande que na seguinte tempada o equipo clasifícase por primeira vez á rolda de playoffs, aínda que foron eliminados na primeira eliminatoria polos Boston Celtics en primeira rolda. Ao ano seguinte, na tempada 1974-75, McAdoo gaña o MVP da Tempada, cunha media de 34,5 puntos, 14,1 rebotes e 2,12 tapóns por partido, cun 51,2% en tiros de campo e un 80,5 % en tiros libres. Nas dúas seguintes tempadas os Braves volverían a aparecer nos playoffs por última vez en Buffalo, chegando na derradeira ocasión ás semifinais de conferencia tras derrotar na primeira rolda aos Sixers.
miniatura|O Buffalo Memorial Auditorium, pavillón dos Braves. O 15 de xuño de 1976, o propietario Paul Snyder vendeu a franquía ao matrimonio Irving Cowan, que tiñan planeado trasladar o equipo a Florida abandonando Buffalo, a "cidade do hóckey", mais a venda fracasou e paralizouse. Con todo, Snyder vendería o 50 % dos equipo ao empresario John E. Brown Jr., antigo propietario dos Kentucky Colonels da ABA. Na tempada 1976-77, Brown adquiriu o outro 50 % de Snyder e, á súa vez, vendeu un tanto por cento da franquía a Harry Mangurian, quen máis tarde posuiría unha parte de Boston Celtics na década dos 80. Cómpre destacar que durante ese ano a estrela do equipo, McAdoo, foi traspasado a New York Knicks cambio de xogadores e diñeiro.
Debido ao pobre xogo realizado polos Braves os dous seguintes anos (30-52 en 1976-77 e 27-55 en 1977-78), xuntouse coa pouca venda de entradas, polo que Brown negociou co entón propietario dos Celtics, Irv Levin, facer un intercambio de franquías, polo que Brown tomaría o mando dos Celtics e Levin dos Braves. Levin, era un empresario de California que soñaba con posuír unha franquía no seu estado natal, con todo, o trato foi roto por David Stern, do consello xeral da NBA. Mais finalmente, a seguinte sería a última tempada do equipo do oeste de Nova York, xa que os propietarios das franquías da NBA votaron por un claro 21-1 permitir a Buffalo trasladarse de cidade. Finalmente escolleron a cidade californiana de San Diego, pasando a converterse na tempada 1977-78 nos San Diego Clippers.
San Diego Clippers miniatura|James Donaldson, xogador dos San Diego Clippers. Na primeira tempada do equipo en San Diego, lograron un balance de 43-39, o que sería a súa última campaña positiva en 13 anos, baixo o mando do novo adestrador Gene Shue. Con todo, aquela marca non foi dabondo para acceder aos playoffs, quedándose a tan só dúas vitorias de logralo. Un dos xogadores máis destacados da tempada foi de novo Randy Smith, anotando 20,5 puntos por partido, tan só por detrás recentemente fichado base dos 76ers World B. Free, que foi o segundo máximo anotador da liga con 28,8 puntos por noite. O máximo anotador ese ano fora o membro do Hall of Fame George Gervin, dos San Antonio Spurs, cunha media 29.6 por encontro.LEAGUE LEADERS. Points - 1978-79 , consultado xaneiro de 2008
A tempada 1979-80 non foi moito mellor a pesar da fichaxe do pivote Bill Walton, nativo de San Diego, e campión da NBA dous anos antes cos Portland Trail Blazers. Debido a lesións no pé, Walton non rendeu como se esperaba del e perdeuse 68 partidos. Aínda coas lesións de varios dos seus xogadores claves, os Clippers finalizaron cun digno 37-45. Por segundo ano consecutivo, Free volveu quedar ás portas do título de máximo anotador da liga, con 30,2 por noite. Ao ano seguinte, Paul Silas substituíu a Shue no posto de adestrador e os Clippers lograron unha marca de 36-46, quedándose de novo sen playoffs, Walton perdeuse a tempada completa e Free foi traspasado a Golden State Warriors por Phil Smith. O ano seguinte chegou con aínda máis trocos, xa que Levin vendeu a franquía a Donald Sterling por 20 millóns de dólares, venda precipitada polo pobre xogo dos Clippers e a baixa asistencia do público ao pavillón (unha media de 4 500 espectadores por partido). Así, Sterling trasladou a franquía á súa cidade nativa, Os Ánxeles.
Pavillóns Buffalo Memorial Auditorium (1970-1978) San Diego Sports Arena (1978-1984) Los Angeles Memorial Sports Arena (1985-1999) Staples Center (1999-presente)
Tempadas Clasificados para os Playoffs Campións de División
Tempada Conferencia División Posición V D % Part. dif. Playoffs Galardóns Buffalo Braves1970–71 Leste Atlántico 4º 22 60 .268 30 — 1971–72 Leste Atlántico 4º 22 60 .268 34 —1972–73 Leste Atlántico 3º 21 61 .256 47 Bob McAdoo (RdA)1973–74 Leste Atlántico 3º 42 40 .512 14 Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2 Ernie DiGregorio (RdA)Eddie Donovan (EdA)1974–75 Leste Atlántico 2º 49 33 .598 11 Perdidas semifinais de conferencia vs. Washington Bullets, 4–3 Bob McAdoo (MVP)1975–76 Leste Atlántico 2º 46 36 .561 8 Gañada primeira rolda vs. Philadelphia 76ers. 2–1 Perdidas semifinais de conferencia vs. Boston Celtics, 4–2 — 1976–77 Leste Atlántico 4º 30 52 .366 20 Adrian Dantley (RdA)1977–78 Leste Atlántico 4º 27 55 .329 28 Randy Smith (MVP All-Star) San Diego Clippers1978–79 Oeste Pacífico 5º 43 39 .524 9 —1979–80 Oeste Pacífico 5º 35 47 .427 25 —1980–81 Oeste Pacífico 5º 36 46 .439 21 —1981–82 Oeste Pacífico 6º 17 65 .207 40 —1982–83 Oeste Pacífico 6º 25 57 .305 33 Terry Cummings (RdA)1983–84 Oeste Pacífico 6º 30 52 .366 24 — Los Angeles Clippers1984–85 Oeste Pacífico 4º 31 51 .378 31 —1985–86 Oeste Pacífico 3º 32 50 .390 30 —1986–87 Oeste Pacífico 6º 12 70 .146 53 —1987–88 Oeste Pacífico 6º 17 65 .207 45 —1988–89 Oeste Pacífico 7º 21 61 .256 36 —1989–90 Oeste Pacífico 6º 30 52 .366 33 —1990–91 Oeste Pacífico 6º 31 51 .378 32 —1991–92 Oeste Pacífico 5º 45 37 .549 12 Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–2 —1992–93 Oeste Pacífico 4º 41 41 .500 21 Perdida primeira rolda vs. Houston Rockets, 3–2 —1993–94 Oeste Pacífico 7º 27 55 .329 36 —1994–95 Oeste Pacífico 7º 17 65 .207 42 1995–96 Oeste Pacífico 7º 29 53 .354 35 —1996–97 Oeste Pacífico 5º 36 46 .439 21 Perdida primeira rolda vs. Utah Jazz, 3–0 —1997–98 Oeste Pacífico 7º 17 65 .207 44 —1998–99 Oeste Pacífico 7º 9 41 .180 26 —1999–00 Oeste Pacífico 7º 15 67 .183 52 —2000–01 Oeste Pacífico 6º 31 51 .378 25 —2001–02 Oeste Pacífico 5º 39 43 .476 22 —2002–03 Oeste Pacífico 7º 27 55 .329 32 —2003–04 Oeste Pacífico 7º 28 54 .341 28 —2004–05 Oeste Pacífico 3º 37 45 .451 25 Bobby Simmons (XMP)2005–06 Oeste Pacífico 2º 47 35 .573 7 Gañada primeira rolda vs. Denver Nuggets, 4–1 Perdidas semifinais de conferencia vs. Phoenix Suns, 4–3 Elgin Baylor (EdA)Elton Brand (XMD)2006–07 Oeste Pacífico 4º 40 42 .488 21 —2007–08 Oeste Pacífico 5º 23 59 .280 34 —2008–09 Oeste Pacífico 4º 19 63 .232 46 —2009–10 Oeste Pacífico 3º 29 53 .353 28 —2010–11 Oeste Pacífico 4º 32 50 .390 25 Blake Griffin (RdA)2011–12 Oeste Pacífico 2º 40 26 .606 10 Gañada primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–3 Perdidas semifinais de conferencia vs. San Antonio Spurs, 4–0 —2012–13 Oeste Pacífico 1º 56 26 .683 — Perdida primeira rolda vs. Memphis Grizzlies, 4–2 —
Récords totais EstatísticaVitoriasDerrotasV–D%Récord da tempada regular Buffalo Braves (1970–1978) 259 397 .395Récord da tempada regular San Diego Clippers (1978–1984) 186 306 .378Récord da tempada regular Los Angeles Clippers (1984–2013) 858 1472 .368Récord total da tempada regular (1970–2013) 1303 2175 .375Récord da postempada Buffalo Braves (1970–1978) 9 13 .409Récord da postempada San Diego Clippers (1978–1984) 0 0 .000Récord da postempada Los Angeles Clippers (1984–2013) 17 25 .405Récord total da postempada (1970–2013) 26 38 .406Récord total da tempada regular e postempada (1970–2011) 1329 2213 .375
Xogadores Equipo actual
Membros do Hall of Fame 11 Bob McAdoo, pivote, 1973-77 (Buffalo Braves) 32 Bill Walton, pivote, 1979-85 (1979-84 con San Diego Clippers) 21 Dominique Wilkins, aleiro, 1994
Galardóns individuais
MVP da Tempada da NBA Bob McAdoo – 1975
Rookie do Ano da NBA Bob McAdoo – 1973 Ernie DiGregorio – 1974 Adrian Dantley – 1977 Terry Cummings – 1983 Blake Griffin – 2011
Sexto Home do Ano da NBA Jamal Crawford – 2014, 2016
Xogador Máis Mellorado da NBA Bobby Simmons – 2005
Executivo do Ano da NBA Eddie Donovan – 1974 Elgin Baylor – 2006
Primeiro Equipo All-NBA Bob McAdoo – 1975 Chris Paul – 2012, 2013 DeAndre Jordan – 2016
Segundo Equipo All-NBA Bob McAdoo – 1974 Randy Smith 1976 Lloyd Free – 1979 Elton Brand – 2006 Blake Griffin – 2012, 2013, 2014 Chris Paul – 2015, 2016 Terceiro Equipo All-NBA Dominique Wilkins – 1994 Blake Griffin – 2015 DeAndre Jordan – 2015
Primeiro Equipo de Rookies da NBA Elmore Smith – 1972 Bob McAdoo – 1973 Ernie DiGregorio – 1974 John Shumate – 1976 Adrian Dantley – 1977 Terry Cummings – 1983 Charles Smith – 1989 Lamar Odom – 2000 Darius Miles – 2001 Al Thornton – 2008 Blake Griffin – 2010
Segundo Equipo de Rookies da NBA Brent Barry – 1996 Maurice Taylor – 1998 Michael Olowokandi 1999 Eric Gordon 2009 Eric Bledsoe – 2011
Primeiro Quinteto Defensivo da NBA Chris Paul – 2012, 2013, 2014, 2015 DeAndre Jordan – 2015, 2016
Eleccións NBA All-Star Bob Kauffman – 1971, 1972, 1973 Bob McAdoo – 1974, 1975, 1976 Randy Smith – 1976, 1978 Lloyd Free – 1980 Norm Nixon – 1985 Marques Johnson – 1986 Danny Manning – 1993, 1994 Elton Brand – 2002, 2006 Chris Kaman – 2010 Blake Griffin – 2011, 2012, 2013, 2014, 2015 Chris Paul – 2012, 2013, 2014, 2015, 2016
Adestradores Dolph Schayes (1970–72) John McCarthy (1972) Jack Ramsay (1972–76) Tates Locke (1976–77) Bob MacKinnon (1977) Joe Mullaney (1977) Cotton Fitzsimmons (1977–78) Gene Shue (1978–80; 1987–89) Paul Silas (1980–83) Jim Lynam (1983–85) Don Chaney (1985–87) Don Casey (1989–90) Mike Schuler (1990–92) Larry Brown (1992–93) Bob Weiss (1993–94) Bill Fitch (1994–98) Chris Ford (1998–2000) Jim Todd (2000) Alvin Gentry (2000–03) Dennis Johnson (2003)