John Evans Atta Mills, nado o 21 de xullo de 1944 en Tarkwa, daquela Costa de Ouro e na actualidade Ghana e finado en Accra o 24 de xullo de 2012, foi un político ghanés, presidente da república desde 2009 ata a súa morte.
Traxectoria Estudou o bacharelato nunha escola elitista en Accra e logo licenciouse en Dereito pola Universidade de Ghana, na mesma capital, en 1967. Foi escollido como bolseiro para realizar estudos de posgrao en Dereito na Escola de Estudos Orientais e Africanos de Londres. En 1971, despois de estudar parcialmente nos Estados Unidos, remata a súa tese sobre impostos e desenvolvemento económico, e regresa a Ghana para dar clases na facultade de dereito onde el estudara. Durante máis de trinta anos ocupa ese posto de profesor universitario, grazas ao que produce a maior parte dos seus libros, centrados nos impostos.
Militante do NDC, o principal partido socialdemócrata de Ghana, foi escollido polo exgolpista Jerry Rawlings como vicepresidente durante o seu segundo mandato, entre 1997 e 2001, e posteriormente designado por este para concorrer as presidenciais de 2000, onde foi derrotado polo opositor John Kufuor (48,4% fronte a 44,8% na primeira volta e 56,9% fronte a 43,1% na segunda). Volveuse presentar como candidato socialdemócrata nas presidenciais de 2004, e foi derrotado por Kufour por 52,5% fronte ao 44,6% xa na primeira volta.
En 2006 é escollido polo seu partido de novo como candidato ás eleccións presidenciais de 2008, polo 81.4% das bases (1.362 votos), moi por diante dos seus opoñentes, Ekwow Spio-Garbrah, Alhaji Mahama Iddrisu, e Eddie AnnanNDC CONGRESS RESULTS-Prof Wins, Modernghana.com, 22/12/2006.. Nos comicios celebrados en 2008 para substituír a John Kufuor, foi derrotado polo candidato liberal Nana Akufo-Addo por un 49,1% fronte ao 47,9% na primeira volta; porén, na segunda foi capaz de aumentar a participación e agrupar o voto dos pequenos candidatos e superou por unha estreita marxe o candidato liberal: 50,2% fronte ao 49,8%.
Tomou posesión do seu cargo o 7 de xaneiro de 2009.
Obra Taxation of Periodical or Deferred Payments arising from the Sale of Fixed Capital (1974) Exemption of Dividends from Income Taxation: A Critical Appraisal (1977) Report of the Tax Review Commission, Ghana, parts 1, 2 & 3 (1977) Ghana's Income Tax Laws and the Investor (1978)Curriculum Vitae, Prof. John Evans Atta Mills, 1 July 2007, Internet Archive.
Vida persoal Foi xogador de hóquei sobre herba e chegou a disputar un partido coa selección do seu país.
Estivo casado con Ernestina Naadu Mills, e tivo un fillo, Sam Kofi Atta Mills.
É cristián metodista e amigo persoal do telepredicador T.B. Joshua, un dos líderes relixiosos máis importantes de Ghana.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do goberno de Ghana Professor John Evans Atta Mills 2008, web electoral.
Atta Mills Categoría:Nados en Ghana Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2012