Botswana ou Botsuana, cuxo nome oficial é República de Botswana (en inglés Republic of Botswana, en setsuana Lefatshe la Botswana), é un país soberano sen saída ao mar do sur de África, sendo a súa forma de goberno a república parlamentaria.

O seu territorio está dividido en nove distritos. A súa capital é a cidade de Gaborone.

O outrora protectorado británico de Bechuanalandia, Botswana adoptou o seu novo nome ó acadar a súa independencia en 1966.

Xeograficamente o país esténdese sobre un terreo chairego, co 70% da súa superficie cuberta polo deserto de Kalahari. Limita con Suráfrica polo sur e sueste, con Namibia polo oeste e polo norte, con Zimbabwe polo nordeste e con Zambia polo norte nun só punto. Ocupa o posto 48 na lista de países por superficie.Ficha de país The CIA World Factbook. Consultado o 9 de agosto de 2013.

O país tratou de diversificar a súa economía nos últimos anos, aínda que no 2008 dependía en gran medida dos servizos (45,2%), a industria (52,9%), e a agricultura (1,9%), estreitamente ligado co comercio de Suráfrica.

Goberno e Política Botswana está gobernada en forma de república parlamentaria. O Presidente de Botswana é elixido cada cinco anos e é o xefe de Estado e xefe de goberno do país. O Partido Democrático de Botswana gañou todas as eleccións desde a independencia (1966). O poder lexislativo exérceo a Asemblea Nacional, un Parlamento unicameral con 63 membros na actualidade.

esquerda|220px|Mapa actual dos distritos de Botswana.

Botswana está dividida en nove entidades: Central Ghanzi Kgalagadi Kgatleng Kweneng Nordés Noroeste Sueste Sur

Xeografía Botswana limita ó norte con Zambia, ó leste con Zimbabwe, ó sur con Suráfrica e ó oeste e ó norte con Namibia. O país está dominado polo deserto do Kalahari.

Economía

Demografía

Alfabetización do 77%. A maioría da poboación é de etnia tswana. En 2009 estimouse que 25.4% dos adultos era portador da SIDA, cifra que baixou a 21.9% en 2013. No 2009 estimábase un total de 320.000 persoas infectadas.

A esperanza de vida ao nacer era de 55 anos en 2009 segundo o Banco Mundial, baixando anteriormente dun pico de 64.1 en 1990 a un mínimo de 49 en 2002. Despois do censo de Botswana en 2011, a esperanza de vida actual estímase en 63.8 anos.

Notas