Chaloner Ogle, nado en 1681 e finado o 11 de abril de 1750, foi un almirante británico.
Traxectoria Pertencía á rama de Kirkley da familia Ogle de Northumberland. Capitán do HMS Swallow desde 1721, dirixiu accións contra os piratas na costa occidental africana. Entre o 5 e o 10 de febreiro de 1722 derrotouJohnson, Charles, A General History of the Robberies and Murders of the Most Notorious Pirates, 1724. a frota pirata de Bartholomew Roberts formada por tres navíos. Por esa acción o rei nomeouno cabaleiro. En 1741 como almirante dirixiu un ataque británico contra tres fortes en Cartaxena de Indias durante o sitio de Sitio de Cartaxena de Indias da Guerra da Orella de Jenkins. O 4 de setembro de 1742 xulgárono por asalto contra Edward Trelawny, gobernador de Xamaica durante unha disputa entre este e o almirante Edward Vernon, Ogle foi declarado culpableThomas Southey, Chronological History of the West Indies, 1827 pero seguiu a súa carreira na Mariña Real e desde 1746 representou á cidade de Rochester no Parlamento británicoMark Noble e James Granger A Biographical History of England, from the Revolution to the End of George I's Reign, 1806, páxina 232.
Notas
Categoría:Militares do Reino Unido Categoría:Nados en 1681 Categoría:Finados en 1750 Categoría:Nados en Saint Kitts e Nevis