As Cortes Valencianas (en valenciano: Corts Valencianes ou Les Corts) son o órgano lexislativo principal da Generalitat Valenciana e, por tanto, do País Valenciano. Ten como sede o Palau de Benicarló (ou Palau dels Borja), na cidade de Valencia, pero pódese reunir en calquera punto do territorio valenciano.

Organización, normativa e composición Segundo o Estatuto de Autonomía do País Valenciano, as Cortes son a institución da Generalitat Valenciana que representa o pobo valenciano, a través dos seus parlamentarios, elixidos pola vía de sufraxio universal directo, libre e secreto.

A denominación de Les Corts (antes Corts Valencianes) orixínase na vontade da recuperación da denominación histórica, pero o sistema de representación, competencias e funcionamento non son semellantes ás das Cortes históricas, que representaban os tres brazos -eclesiástico, militar (nobreza) e real- (Véxase máis abaixo a historia das cortes).

O Estatuto de Autonomía fala fundamentalmente das Cortes ao capítulo II, título II, aínda que en tamén hai referencias a outros artigos. O Estatuto simplemente indica a composición das Cortes, as súas funcións, os principios básicos do sistema electoral, e fai un bosquexo xeral do Estatuto dos Deputados. Das leis que desenvolven o Estatuto, o "Regulamento das Cortes Valencianas" regula a organización e o funcionamento das Cortes. O primeiro Regulamento das Cortes aprobouse na etapa transitoria. Dende ese momento o regulamento da Cámara modificouse en varias ocasións, sendo a redacción actual aprobada o día 30 de xuño de 1996.

O Estatuto de Autonomía establece que as Cortes se compoñen dun número mínimo de 99 deputados, sinto a provincia a circunscrición electoral; os escanos distribúense en 35 deputados pola circunscrición de Alacant, 24 deputados pola de Castelló e 40 deputados pola de Valencia. Por outra banda, a Lei Electoral Valenciana establece que para poder obter un escano, os candidatos deben formar parte dunha lista que supere, en número de votos, o 5% dos total de emitidos en toda a comunidade autónoma. Isto deixou fóra da Cámara valenciana a algunhas representacións políticas que quedaron fregando este límite. Para as listas que superan o 5%, o sistema de que se utiliza é a regra D'Hondt.

centro|miniatura|

Historia Trala conquista e durante o reinado de Xaime I, as necesidades económicas e militares da Coroa motivaron algunhas reunións do rei con representantes dos tres grupos estamentais: a nobreza, o clero e os grupos urbanos das vilas reais (controlado pola burguesía), por tal de obter prestacións militares ou económicas. As necesidades económicas motivaban estas reunións, e a principio do século XIV xa se pode falar dunha constitución estable e definitiva das Cortes do Reino de Valencia.

Con todo, dende o reinado de Xaime I, a máis importante destas reunións foi a do ano 1261 en Valencia, na cal o rei xurou e promulgou os Furs. Como mostra da importancia económica para a coroa das Cortes, o rei xurou os foros a cambio de 48.000 soldos, que lle fixeron a cidade de Valencia, os lugares e vilas da Horta de Valencia que pertencían a clérigos e nobres, e as vilas de Castelló de la Plana, Vilafamés, Ondula, Llíria, Corbera, Cullera e Gandia.

Nestas Cortes, o rei Xaime I instaurou aos seus sucesores a obrigación de celebrar Corte Xeral en Valencia a primeiros de cada reinado. Esta norma reiterouse noutras Cortes no 1271, celebradas tamén por Jaume I, e, máis tarde, polo seu fillo, Pedeo o Grande, que vai acoutar a convocatoria das cortes ao primeiro mes de cada reinado. Estas eran as únicas reunións preceptivas, pero o rei reunía as Cortes noutras ocasións, cando tiña necesidade.

No 1302, Xaime II estabeleceu a obrigatoriedade da súa celebración cada tres anos. Máis tarde, Pedro o Cerimonioso, nas Cortes de Valencia de 1336, confirmou esta celebración trienal, precisando que se debía facer por Tódolos Santos (1 de novembro). É durante o século XIII e a principios do XIV cando se foron engadido o resto de vilas e lugares do Reino de Valencia, até as cortes de 1329, onde se conseguiu unha representatividade territorial completa, sendo xa as cortes de todo o reino.

A partir deste momento, non sempre se xuntaban nas cidades e vilas máis importantes, senón que se reunían nunhas ou outras segundo os temas tratados. Non obstante a representación era xeralmente grande. Por exemplo no ano 1510: Ademuz, Alacant, Alcoi, Alpont, Alzira, Biar, Bocairent, Borriana, Caudete, Castelló de la Plana, Castielfabib, Cullera, Llíria, Morella, Ontinyent, Orihuela, Penàguila, Peníscola, Valencia, La Vila Joiosa, Vila-real, Xàtiva, Xèrica e Xixona.

As Cortes de Valencia do ano 1418 crean a Generalitat, cunha duración dos cargos de tres anos. É a metades do século XV onde as institucións valencianas estaban plenamente consolidadas.

Coa unificación das coroas de Castela e de Aragón, as Cortes do reino de Valencia van perdendo lixeiramente poder e convócanse menos frecuentemente durante o século XVI, cousa se fai máis patente no século XVII. De feito, a decadencia é clara e os derradeiros foron celebradas en Valencia no ano 1645. Finalmente, trala Guerra de Sucesión Española no 1707 e os Decretos de Nueva Planta, abólese o dereito valenciano e con el o Reino.

As Cortes xa non foron convocadas nin celebradas até a súa nova implantación polo Estatuto de Autonomía de 1982. Dende a entrada en vigor do Estatuto de Autonomía, as Cortes teñen un funcionamento moderno como cámara lexislativa representativa con sufraxio universal. A Cámara reuniuse varias veces fóra da cidade de Valencia, feito que se impulsou nas últimas lexislaturas.

Grupos parlamentarios Grupos parlamentarios nas Corts Valencianes durante a IX Legislatura Grupo Partido/membros Voceiro EscanosGrup Popular Partido Popular (PP): 31 Isabel Bonig Trigueros 31Grup Socialista Partit Socialista del País Valencià (PSPV-PSOE): 23 Manuel Mata Gómez 23Grup Compromís Bloc Nacionalista Valencià (BLOC): 9 Iniciativa del Poble Valencià (IdPV): 5 Verds Equo del País Valencià (Verds): 2 Gent de Compromís (GdC): 3 Francesc Xavier Ferri Fayos 19Grup Ciutadans Cidadáns - Partido da Cidadanía (C's): 13 Carolina Punset Bannel 13Grup Podem Podem (Podem): 13 Antonio Montiel Márquez 13

Véxase tamén Outros artigos Foros de Valencia Generalitat Valenciana

Ligazóns externas Web das Cortes Valencianas