"Dressed for Success" é o segundo sinxelo do álbum Look Sharp! do dúo de pop sueco Roxette, e foi lanzado o 28 de xuño de 1989. Estivo no Top 10 de Australia en setembro dese ano. A gravación da canción foi marcada por unha disputa entre os compoñentes do grupo pero isto aparentemente contribuíu a mellorar a interpretación de Marie:
Eu estaba case louca cando fixen a canción. Todo o que rodeaba a sesión saía mal, discutíamos os arranxos (...) estaba morta de cansazo cando fun facer as voces. Foi como unha explosión e repentinamente fixeno, hmm... Isto é.
- Marie Fredriksson, no libreto de Don't Bore Us, Get to the Chorus! Orixinalmente, "Dressed for Success" foi o seu primeiro sinxelo en Suecia para promover o álbum.
Lista de temas
# Título Duración 1. "Dressed For Success" 4:19 2. "The Voice" 4:06
Posición nas listas
PaísMáxima posiciónSuíza4Austria6Suecia2Australia3Italia14
Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.
Categoría:Sinxelos de 1989 Categoría:Cancións de Roxette