Ariel Hernán Mendizábal Rey, nado o 9 de febreiro de 1981 na Arxentina, é un pasteleiro galego, especializado na fabricación de sobremesas e doces de chocolate.

Traxectoria A súa familia era de emigrantes vascos na Arxentina, con tradición pasteleira. O primeiro obradoiro de doces fora aberto polo seu bisavó en 1936. Volveu a Galiza coa familia na infancia, e instalouse primeiro en Ribeira e logo na Coruña. Nesta cidade comezou a estudar nunha escola de arte, pero ao pouco, no ano 2000, marchou estudar e traballar co mestre pasteleiro español Paco Torreblanca, a Alacant. Posteriormente regresou a Galicia, e abriu un local con obradoiro e venda en Vilaboa (Culleredo).

En 2005 obtivo o título de Mestre chocolateiro de España e a finais dese mesmo ano quedou finalista no Campionato mundial World Chocolate Master París. En 2009 foi seleccionado para representar a España na Copa do Mundo da Pastelería, que se celebrou en Lión (Francia), e quedou na posición 19ªUn accidente deixa a España nos últimos postos do Campionato Mundial de Pastelería , Colineta, 28/1/2009.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Web do seu obradoiro.

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Cociñeiros da Arxentina Categoría:Cociñeiros de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados na Arxentina