O magnetismo é unha propiedade física relacionada cos campos magnéticos, así como as interaccións entre imáns naturais, é un fenómeno consistente na atracción e repulsión de forzas saídas de obxectos, que se atraen ou repelen. Hai algúns materiais que presentan propiedades magnéticas detectables como o níquel, o ferro, o cobalto e as súas aliaxes. Con todo, todos os materiais son influídos, de maior ou menor xeito, pola presenza dun campo magnético.

Ata o século XIX foi considerado como unha parte independente da física, limitándose nese tempo a analizar e experimentar coas interaccións entre imáns. Unha aplicación moi importante deste fenómeno, dado que a Terra funciona tamén como un imán, foi o compás, que non é máis que un imán que se orienta debido ó campo magnético da Terra.

miniatura|250px|O magnetismo estuda os campos magnéticos, aquí representadas as liñas de forza magnéticas dun imán de barra, producidas por limaduras de ferro sobre papel.A zona onde se produce un efecto magnético chámase campo magnético. Así, o efecto magnético terrestre produce o campo magnético da Terra.

O magnetismo tamén ten outras manifestacións físicas, particularmente como un dos dous compoñentes da radiación electromagnética, como por exemplo, a luz. O magnetismo pode mesmo producir efectos interplanetarios. Así, o magnetismo solar, variable cun ciclo de 22 anos, produce efectos visibles en forma de diferente número de manchas solares, e outros, como a maior ou menor intensidade de radiación, que pode ser perigosa para os astronautas ou mesmo para equipos na superficie terrestre.

Unidades Unidades do SI relacionadas co magnetismo Tesla [T] = unidade de campo magnético. Weber [Wb] = unidade de fluxo magnético. Ampere [A] = unidade de corrente eléctrica, que xera campos magnéticos.

Outras unidades gauss, abreviado como G, é a unidade CGS de indución magnética (B). Oersted, é a unidade CGS de campo magnético. Maxwell, é a unidade CGS de fluxo magnético.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Superparamagnetismo

Categoría:Magnetismo