miniatura|dereita|290px|Castelo de Villena miniatura|dereita|290px|Plano esquemático da cidade, cos accesos e os principais monumentos Villena é unha cidade do País Valenciano situada no noroeste da provincia de Alacant que limita con Castela-A Mancha e Murcia polo oeste. É cabeza de partido xudicial e da comarca do Alto Vinalopó. Está a unha altitude de 504 msnm e o seu termo municipal abrangue unha superficie de 345,6 km², polo que é o segundo concello máis extenso da provincia. Con 34.144 habitantes (INE 2023) é o décimo municipio máis poboado de Alacant e o vixésimo primeiro da Comunidade Valenciana.

Historia Tense constancia de poboacións na zona desde o Paleolítico medio. Non obstante, está en discusión se a cidade actual data da época visigoda ou é anterior, aínda que con total seguridade existía no século XI, durante a dominación musulmá. Tras a conquista cristiá, pasa a ser señorío, principado, ducado e finalmente marquesado, até que o pobo, alentado polos Reis Católicos, se rebela contra o marqués. En 1525 Carlos V concédelle o título de cidade. Este é o momento de maior prosperidade económica, como mostran os monumentos que chegaron até os nosos días. A partir do século XVI ábrese un período de tranquilidade, só roto polas guerras nas que se verá envolta esta zona de España. Pese a que en 1858 se inaugurou unha estación de ferrocarril, a economía seguiu sendo esencialmente agrícola até o éxodo rural dos anos 1960. A partir de entón, o modelo económico cambiou rapidamente e na actualidade a economía baséase principalmente no sector servizos e a industria, destacando a do calzado, a construción e os mobles.

A cidade conserva un importante conxunto histórico, composto polos seus dous castelos e varias igrexas, ermidas, palacios e prazas, así como un importante patrimonio museístico, no que destaca o museo arqueolóxico José María Soler. Entre os principais eventos culturais atópanse as festas de Mouros e Cristiáns e o concurso de Novos Intérpretes «Ruperto Chapí».

Toponimia O primeiro topónimo do que se ten constancia é o «Ad Turres» que aparece nos Vasos Apolinares, que foi identificado con algunha das vilas romanas ou postas do itinerario da Vía Augusta, nalgún punto entre Villena e La Font de la Figuere. Cerca desta última tense constancia dunha torre citada como xa en ruínas no século XIV. En canto á orixe do termo «Villena», hai certa polémica. Menéndez Pidal propón que tería evolucionado dun hipotético antropónimo Bellius ou Vellius e o sufixo -ana, tal como Lucena (Lucius + -ana) ou Maracena (Marcus + -ana), que darían a forma romana «Belliana» ou Velliana. Mais nin Belliana nin Bellius se documentaron na época romana, amén de que a evolución de «Belliana» a «Villena» comporta certas dificultades fonéticas. Polo tanto, Domene Verdú indica que a orixe do topónimo sería o termo بليانة «Bilyāna», netamente árabe, e significaría «a enchida (por Alá)». Esa forma árabe, documentada a partir do século XI, tería evolucionado de dúas maneiras distintas. Dun lado, seguindo as normas do castelán medieval, a «Belliena», tal como aparece na Historia Roderici (sobre 1180). Esta forma, con todo, desaparecería a raíz da conquista cristiá de 1241 a favor da forma Billena, segundo as regras fonéticas propias do aragonés que falarían a maior parte dos repoboadores cristiáns. A partir do século XV, e atraída a grafía pola palabra villa debido á xa maioritaria confusión do b e o v entre os falantes de español, consolídase a forma «Villena», que permaneceu inalterada até o momento.

Símbolos

Títulos Villena ostenta a categoría histórica de cidade, cos títulos de «Moi Nobre, Moi Leal e Fidelísima». Dos Manueis obtivo o título de «vila» e os de «Moi Nobre e Moi Leal» non se sabe. Foi Carlos V quen lle concedeu o título de «cidade» en 1525, como agradecemento á axuda que prestara a entón vila aos seus avós, os Reis Católicos. Tras a guerra de sucesión, na que Villena loitou a favor de Filipe V, este outorgoulle o título de «Fidelísima».

Escudo O escudo de Villena lévase utilizando de maneira tradicional desde, polo menos, 1477, aínda que non tivo a consideración de oficial até o 27 de novembro de 2010. O deseño oficial, realizado por profesores en heráldica e catedráticos encabezados por Inocencio Galindo, ten a seguinte descrición:

Tales símbolos teñen a súa orixe en diversos acontecementos históricos. O castelo do primeiro cuartel recorda a súa pertenza histórica á Coroa de Castela, mentres que o león do segundo cuartel e a man alada do terceiro son herdanza do infante don Xoán Manuel, señor da cidade. Os tres piñeiros do cuarto cuartel e o estanque do quinto fan referencia á lagoa de Villena ou á Fonte do Chopo, antigamente as maiores fontes de riqueza da cidade, a primeira como salina e a segunda como fonte de auga doce. A coroa é en lembranza do marquesado de Villena.

Até que se fixo oficial, existiron distintas versións segundo as lexislaturas, así como certa polémica en canto á posición e a onde tiñan que mirar os cuarteis segundo e terceiro.

Situación xeográfica Villena está situada no noroeste da provincia de Alacant, na comarca do Alto Vinalopó. Atópase nunha importante encrucillada de camiños entre o País Valenciano, Murcia e Castela A Mancha, ás que se accede en poucos minutos. O seu singular enclave xeográfico, en torno a pobos como Biar, Sax, La Font de la Figuera, Yecla (Murcia) e Caudete (Castela A Mancha) fixo que, dende a antigüidade, Villena sexa un importante nó de comunicacións coñecido como o "Corredor de Villena", de importancia capital desde época prehistórica (aquí accedía a Vía Heráclea ao interior da Meseta). Tamén conta o seu amplo termo municipal (345,6 km²), o segundo concello con maior superficie da provincia de Alacant.

Localidades limítrofes Noroeste: CaudeteNorte: Almansa, El Camp de MirraNordeste: Fontanars dels Alforins, Fuente la HigueraOeste: Yecla75pxLeste: Biar, La CanyadaSuroeste: Monòver, PinosoSur: SalinasSueste: Sax

miniatura|200px|Serra da Vila, en primeiro plano un piñeiral, arriba á dereita, as ruínas do Castelo de Salvatierra.

O relevo A zona pode encadrarse dentro das áreas dos corredores intermontanos ou corredores prebéticos. Pola súa situación e configuración, considérase un altiplano con trazos de transición entre a paisaxe manchega e a levantina.

Polo que respecta á súa xénese, o relevo presente no termo de Villena e comarca está relacionado con dous factores: as condicións climáticas e a tipoloxía do rochedo. A zona está sometida á acción dun sistema erosivo mediterráneo posto de manifesto no ritmo das precipitacións e nas temperaturas, que favorece a formación de glaciares, ramblas e cantís, potenciados pola escasa cobertura vexetal que existe nalgunhas zonas. O predomino de calcarias, margas e arxilas maniféstase nos cumes como o dos Cabezos.

As principais unidades montañosas constitúenas a Serra de Salines, onde se acada a máxima altura no Pico da Capela (Capilla) con 1.123 msnm de altitude. Tamén son de destacar os picotos de Cabrera, unha formación illada e bastante abrupta; a Pena Rubia (Peña Rubia), ao sueste; o Morrón e a Serra da Vila (de la Villa), que ten nas súas faldras a cidade.

Datos xeodésicos No termo de Villena atópanse varios vértices xeodésicos de segunda, terceira e cuarta orde. De segunda orde existen dous, un na cota 799 da serra da Vila e outro, o da Capela, a 1237 m de altitude na serra de Salinas, preto do punto onde conflúen os termos de Villena, Pinoso e Yecla. De terceira orde encóntrase en Peña Rubia, o pico do Fraile e o pico de Peña Rubia, o de El Morrón na serra do seu nome, o do Cerruchón en La Serrata (a 666 m); o do Cabezo de Cerdá, próximo a Santa Eulalia, na serra de Sainas, a 1047 m, o de Caire, e o das Albarrizas (705 m), entre outros. Por último, existen varios vértices de cuarta orde, pertencentes á rede xeodésica da Generalitat Valenciana: do Inferno, da Vereda, dos Alorines, de Casa la Noguera, de La Encina...Vértices xeodésicos de cuarta orde de Villena Consultado o 18 de abril de 2012. Do mesmo xeito, Villena ten 47 sinais con datos xeodésicos, entre os cales se encontran as redes xeodésicas, as redes de nivelación e a rede de mareógrafos.

O clima Aínda estar preto da costa, as montañas representan un obstáculo para recibir a influencia do mar, e dado que a altitude media está por riba dos 500 metros, dáse un peculiar clima duro. Villena presenta unhas temperaturas extremas que poden oscilar entre os -3 °C e os 35 °C. En xaneiro de 1915 rexistráronse -17,5 °C, mentres que o 3 de agosto de 1932 rexistráronse 42 °C. Pola súa banda, a temperatura media sitúase nos 6 °C no mes de xaneiro, mentres que en xullo e agosto está en torno aos 24 °C. Termicamente Villena presenta as características propias do clima continental da meseta, que se manifesta na existencia dun verdadeiro inverno, e un verán no que se constata un aumento das temperaturas nas horas centrais do día con noites moi refrescantes.

O período de máximas choivas rexístrase durante os meses de primavera e outono con cotas moi baixas: entre 350 e 380 mm. O período entre 1943 e 1962 deu unha media de precipitacións anuais de 348'4 mm. Así, o número de días de choiva no outono en Villena é, máis ou menos, de 11, mentres que a primavera caracterízase por unhas precipitacións de ton máis débil ou moderado. As altas temperaturas e a escaseza de precipitacións, xunto coa irregularidade destas, ilustran a aridez da chaira villaneira, que vai superándose a medida que nos aproximamos cara á parte oriental do Alto Vinalopó.

{|class="wikitable collapsible" align="center" style="font-size:90%;width:80%;border:0px;text-align:center;line-height:120%" ! colspan= "14" style="background: #DDDDDD;" | 17px Parámetros climáticos medios de Villena (2008-2009) |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="17" | Mes ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xan ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Feb ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mar ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Abr ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Mai ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xuñ ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Xul ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ago ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Set ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Out ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Nov ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Dec ! style="background: #99CCCC; color:#000080;" | Ano |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura máxima media (°C) | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 10.7 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 12.8 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 18.3 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 18.5 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 24.2 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 29.3 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 32.1 | style="background: #FF8C00; color:#000000;" | 30.7 | style="background: #FFA500; color:#000000;" | 26.0 | style="background: #FFCC66; color:#000000;" | 20 | style="background: #FFFF99; color:#000000;" | 13.5 | style="background: #FFFFCC; color:#000000;" | 10.8 | style="background: #FFFFFF; color:#000000;" | 20.6 |- ! style="background: #F0F0F0; color:#000080;" height="16;" | Temperatura mínima media (°C) | style="background: #FFFFFF; color: black;" | 2.8 | style="background: #FFFFFF; color: black;" | 1.3 | style="background: #FFFFCC; color: black;" | 5.1 | style="background: #FFFFCC; color: black;" | 6 | style="background: #FFFF99; color: black;" | 8.8 | style="background: #FFCC66; color: black;" | 13.4 | style="background: #FFA500; color: black;" | 16.2 | style="background: #FFA500; color: black;" | 14.9 | style="background: #FFCC66; color: black;" | 12.1 | style="background: #FFFF99; color: black;" | 8 | style="background: #FFFFCC; color: black;" | 3