Luis Carrera Pásaro, nado en Castro de Rei en 1949 e finado en Vigo o 8 de febreiro de 2014, foi un economista e político galego.

Traxectoria Fillo de Lino Carrera Falcón e Manuela Pásaro Trashorras.

Carreira

Licenciado en Económicas na Universidade Complutense de Madrid e diplomado en Alta Dirección de Empresas pola Universidade de Navarra. En 1971 empezou a traballar para o Banco Hispano Americano, no que foi destinado a oficinas en Madrid, Barcelona e A Coruña. En 1979 pasou á Banca Mas, e en 1982 á Caja de Ahorros de Extremadura, onde xa acadou un posto de subdirector da compañía. En 1987 deu o salto á empresa pública, e converteuse en presidente da Sociedad para el Desarrollo Industrial de Extremadura (o equivalente estremeño de Sodiga), cargo que ocupou ata 1989. Nese ano pasou a ser director xeral de Caixa Ourense, posición que ocupou ininterrompidamente ata a fusión desta caixa de aforros coas outras caixas do sur de Galicia. Así, en 1999 foi director xeral adxunto do grupo formado por Caixavigo e Caixa Ourense, e a partir de 2000, da marca xa coñecida como Caixanova. En 2004 abandonou o posto logo de filtrarse a súa posible fichaxe por Caja España,Luis Carrera abandona Caixanova un mes después de aspirar a dirigir Caja España, ABC, 2/1/2004 aínda que esta fichaxe nunca se chegou a producir. Posteriormente dedicouse á consultoría en temas bancarios.

Partido Popular En xaneiro de 2009 anunciou o seu paso á política activa encabezando a lista do Partido Popular pola provincia de Ourense nas eleccións galegas, se ben non era militante desa formación.Luis Carrera Pásaro: ‘En el PP me encandilaron con un proyecto ilusionante y riguroso, y dije que sí’ , La Región, 17/1/2009 A comezos de febreiro, tan só un mes despois, foi apartado da carreira electoral logo de que se soubese que tiña débedas con Facenda.Feijoo retira de la lista al número uno por Ourense por irregularidades con Hacienda , La Voz de Galicia, 5/2/2009

Finou no Hospital do Meixoeiro de Vigo o 8 de febreiro de 2014, logo de sufrir un infarto.

Vida persoal

Casou con María Gloria Corral Freire.

Notas

Categoría:Políticos do PPdeG Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Banqueiros de Galicia Categoría:Nados en Castro de Rei Categoría:Nados en 1949 Categoría:Finados en 2014 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes