Galicia mártir é o título do primeiro dos tres álbums da guerra que publicou Castelao, en 1937, no seu labor na defensa da República e como denuncia internacional da represión que estaba sufrindo Galicia.
Características O álbum foi editado en Valencia en febreiro de 1937 polo Ministerio de Propaganda da República, e está formado por dez estampas debuxadas a tinta chinesa. En cada unha delas hai un breve título en galego, manuscrito polo autor, ampliado polo editor co mesmo texto en castelán, en francés e en inglés. Foi reeditado por Akal en 1976, nun facsímile que popularizou o álbum en España.
Está dedicado Aos galegos que andan pol-o mundo e o propio Castelao explica así a razón de ser do álbum:
Véxase tamén Bibliografía
Castelao: Galicia mártir. Estampas por Castelao, Akal, Madrid 1976. Monteagudo, Henrique (2000): "Castelao: a fábula da súa vida", en Obras [Castelao] (Henrique Monteagudo, coord.), Galaxia, Vigo 2000. Outros artigos Atila en Galicia Milicianos A derradeira lección do mestre
Ligazóns externas "Galicia mártir" estampas por Castelao. A derradeira leición do mestre. Óleo de 1945 a partir de "A derradeira lección do mestre", estampa seis de Galicia Martir
Categoría:Obras pictóricas de Castelao