O Síndic de Greuges de la Comunitat Valenciana (en galego: Síndico de Agravios do País Valenciano) é o defensor do pobo do País Valenciano, unha das institucións da Generalitat Valenciana que foi recollida polo Estatuto de Autonomía de 1982. A súa creación e funcionamento articúlase a través da Llei de la Generalitat Valenciana, 11/1988, e do Reglament d'Organització i Funcionament del Sindic de Greuges.

Para poder ser elixido Síndic de Greuges hase de contar co apoio de, polo menos, dous terzos dos deputados das Cortes Valencianas. A elección faise para un período de cinco anos, podendo ser reelixido.

A principal función do Síndic de Greuges é velar polo cumprimento e respecto dos dereitos e liberdades dos cidadáns fronte a Administración do País Valenciano.

Persoeiros que ocuparon o cargo Síndic Inicio FinArturo Lizón Giner21 de xullo de 199328 de xullo de 1998Luis Fernando Saura Martínez2 de setembro de 199826 de outubro de 2000Bernardo del Rosal Blasco4 de abril de 20018 de abril de 2006Emilia Caballero Álvarez9 de abril de 2006Actualidade

Ligazóns externas Síndic de Greuges del País Valencià

Categoría:Institucións do País Valenciano Categoría:Valedorías