Domingo Villar Vázquez, nado en Vigo o 6 de marzo de 1971 e finado na mesma cidade o 18 de maio de 2022, foi un premiado escritor galego de novela negra. Creador do personaxe do inspector Leo Caldas, protagonista dunha triloxía composta por Ollos de auga (2006), A praia dos afogados (2009) e O último barco (2019). Os seus libros foron traducidos a máis de quince linguas(...)Ollos de auga. Traducida ao inglés, alemán, italiano, ruso, búlgaro e sueco. (...)A praia dos afogados, traducida ao polaco, italiano, alemán, francés, holandés e inglés. "Domingo Villar o el placer de la novela negra", Paco López-Barxas, El País, 5 de xuño de 2011 .. Traxectoria Estudou Ciencias Empresariais, despois de probar en Dereito. Comezou facendo guións de cine e televisión, despois foi comentarista de gastronomía, literatura e fútbol na Cadena SER e RNE.
Residiu en Madrid e colaborou en diversos medios de comunicación escritos. Era un apaixonado do poeta Carlos Oroza, do escritor Robert Louis Stevenson e o seu cociñeiro Long John Silver, e a canción "Si te vas" de Extremoduro.
Faleceu no Hospital Álvaro Cunqueiro logo de sufrir un ictus cerebral.
Obra Escribiu tres novelas negras, co inspector Leo Caldas como protagonista, e un libro de contos.
Ollos de auga (2006). Vigo: Galaxia. 248 páxs. ISBN 978-84-9151-197-7. Foi traducida ao castelán (Ojos de agua), ao inglés (Water-blue eyes, tr. Martin Schifino), ao italiano (Occhi di acqua, tr. S. Sichel), ao alemán (Wasserblaue Augen, tr. Peter Kultzen) e ao sueco (Nattens mörka toner: Ett fall för kommissarie Leo Caldas, tr. Lena E. Heyman).
A praia dos afogados (2009). Literaria n.º 273, Vigo: Galaxia. 512 páxs. ISBN 978-84-9151-432-9. Foi traducida ao castelán, ao portugués, ao italiano, ao alemán (Strand der Ertrunkenen, tr. Carsten Regling), ao inglés (Death on a Galician shore, tr. Sonia Soto), ao francés (La plage des noyés, tr. Dominique Lepreux), ao polaco, sueco (De drunknades strand, tr. Lena E. Heyman) e ao neerlandés.
O último barco (2019). Vigo: Galaxia. 800 páxs. ISBN 978-84-9151-304-9. Foi traducida ao castelán. Editado como audiolibro en 2020.
Algúns contos completos (2021). Vigo: Galaxia. 112 páxs. ISBN 978-84-9151-651-4. Con linogravados de Carlos Baonza. ISBN 978-84-91-51-651-4. Publidada no mesmo ano, en castelán, por Ediciones Siruela.Algunos cuentos completos en Google Books. Contén 10 relatos: "Eliška e a lúa" "La Maruxaina e o señor Guillet" "O espiritista do Grove" " A Santa de Bella Unión" " Filipe o Mesías" "Mabel e os talkies" "Don Andrés o Guapo" "Michael "Chico" Cruz" "Os quince anos de Isabel Daponte" "Comodoro Ledesma"
Teatro
Síbaris (2023). Vigo: Galaxia. 164 páxs. ISBN 978-84-1176-139-0.
Tradución (do galego ao castelán) Cosas (orixinal: Cousas), de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, en tándem con Luis Solano (Libros del Asteoride, 2021). Autor tamén do prólogo.
Premios Premio Sintagma 2007 Premio Fervenzas Literarias 2009. Premio Brigada 21 en 2009"La playa de los ahogados, de Domingo Villar, obtiene el Premio Brigada 21" , Periodistas en español Libro do ano pola Federación de Libreiros de Galicia 2009"Os libreiros entregaron os premios Irmandade do Libro" , Federación de Libreros de Galicia, 13 de abril de 2010. Premio Antón Losada Diéguez 2010"O premio Losada Diéguez recaeu en Carpintero e Domingo Villar" Premio Cultura Viva de Narrativa 2016. 2020: El último barco, premio Ciudad de Santa Cruz de Novela Criminal, un galardón que concede Tenerife Noir á mellor novela negra en castelán do ano. Vigués distinguido 2022.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do autor en Galaxia Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1971 Categoría:Finados en 2022 Categoría:Escritores de novela negra Categoría:Vigueses distinguidos Categoría:Guionistas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Novelistas de Galicia