Roberto Castón Alonso, nado na Coruña en 1973, é un director de cine galego.

Traxectoria Despois de estudar Filoloxía hispánica na universidade de Santiago de CompostelaEl cine como arma de cambio, El País, 27/01/2009, conseguiu unha praza de profesor de lingua española en Lisboa. Despois estudou cine en Barcelona e impulsou a creación en 2004 do festival de cine Zinegoak, de temática LGBT. Dende entón foi director deste festival, que se celebra en Bilbao. Despois de dirixir algunhas curtametraxes que se exhibiron en festivais de cine gai-lésbico, en 2009 estreou a súa primeira longametraxe, Ander, onde se narra unha historia de amor entre dous homes no rural vasco, e rodada en éuscaro.

Filmografía Longametraxes Ander (2009) Curtametraxes Maricón (2005) La pasión según un ateo (2004) En el nombre de Dios (2001)

Notas

Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades da cultura LGTB Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes