miniatura|Basílica de San Pedro, na Cidade do Vaticano. A Igrexa católica, tamén coñecida como Igrexa católica romana, é a maior denominación relixiosa cristiá con máis de 1.200 millóns de fieis.Number of Catholics on the rise , en Zenit. Visitado o 19 de xuño de 2010 Reclámase organizativa e doutrinalmente a Igrexa cristiá orixinal fundada por Xesús e os Doce Apóstolos. A Igrexa católica está gobernada polo papa e polo Colexio Episcopal, integrado polos bispos en comuñón con el, e do cal é cabeza. Hoxe en día os ritos que se empregan na Igrexa son o rito latino (con diversas variacións nalgunhas igrexas locais e nalgunhas ordes relixiosas), o rito bizantino, o rito copto, o siríaco, o armenio, o maronita e o rito caldeo.Catecismo da Igrexa Católica "1203 As tradicións litúrxicas, ou ritos, actualmente en uso na Igrexa son o rito latino (principalmente o rito romano, pero tamén os ritos dalgunhas igrexas locais como o rito ambrosiano, o rito hispánico-visigótico ou os de diversas ordes relixiosas) e os ritos bizantino, alexandrino ou copto, siriaco, armenio, maronita e caldeo. "O sacrosanto Concilio, fiel á Tradición, declara que a santa Nai Igrexa concede igual dereito e honra a todos os ritos lexitimamente recoñecidos e quere que no futuro se conserven e fomenten por todos os medios"

As notas esenciais que definen á Igrexa son a súa Unidade, Santidade, Catolicidade e Apostolicidade; estas notas atópanse en tódalas Igrexas particulares que constitúen a Igrexa católica, que son a Igrexa latina e as igrexas católicas orientais; todas elas teñen en común as devanditas notas ou características esenciais e a autoridade suprema do Romano Pontífice.

En ocasións a Igrexa católica é aludida como Igrexa católica apostólica romana ou como Igrexa católica romana; quen fai isto sostén que as Igrexas anglicana e ortodoxa tamén son católicas (no sentido etimolóxico e en todo o contido do termo) e que a única diferenza é non estar sometidos á autoridade do papa, ou ben se trata de persoas procedentes de países nos que o idioma adoptou esta expresión debido ao uso intenso por parte de comunidades relevantes de anglicanos e outros protestantes e de ortodoxos.

Nome O adxectivo católico deriva do grego antigo καθολικός (kazolikós), que significa 'universal'. Ignacio de Antioquía, discípulo de san Xoán, dá no ano 110 o testemuño máis antigo deste nome: "Onde estea o Bispo, estea o xentío, así como onde estea Xesucristo estea a Igrexa católica",Carta aos esmirniotas 8:2 e san Cirilo de Xerusalén xa emprega o termo nas súas "Lecturas catequéticas" para distinguirse de quen se facían chamar cristiáns, pero caeran en herexías. Nos tres primeiros séculos da Igrexa os cristiáns dicían "cristián é o meu nome, católico o meu sobrenome".

Logo do Cisma de Oriente de 1054, a igrexa que permaneceu en comuñón coa Sé de Roma continuou chamándose "católica", mentres que as igrexas orientais pasaron a coñecerse como "ortodoxas". Despois da reforma protestante do século XVI, a Igrexa seguiuno empregando para distinguirse das diferentes denominacións protestante que xurdiron.

O nome de Igrexa católica é a denominación máis empregada nos documentos oficiais eclesiásticos, así como o termo empregado por Paulo VI para asinar os documentos do Concilio Vaticano II.Documentos do Concilio Vaticano II Porén, os documentos tanto da Santa SéExemplos: as encíclicas Divini Illius Magistri (pt) de Pío XI e Humani generis (pt) de Pío XII; declaracións comúns de Bieito XVI co Arcebispo de Canterbury Rowan Williams (en) e co Patriarca Bartolomé I de Constantinopla (en) e por algunhas conferencias episcopaisExamplo: O Catecismo de Baltimore, catecismo autorizado polos bispos católicos dos Estados Unidos, sostén: "That is why we are called Roman Catholics; to show that we are united to the real successor of St Peter" (punto 118) e refírese á Igrexa como "Igrexa Católica Romana" nos puntos 114 e 131 (Baltimore Catechism). ás veces falan da Igrexa católica romana. O Catecismo de san Pío X publicado en 1908 tamén emprega o termo "Romana" para distinguir a Igrexa doutras comunidades cristiás que non están en comuñón coa Igrexa de Roma.

Características xerais É posible coñecer e distinguir a Igrexa católica a través das súas catro notas, da súa doutrina e da súa práctica singulares.

Características esenciais A Igrexa católica defínese a si mesma mediante catro notas ou características esenciais, cuxo fundamento sitúa no Evanxeo e o ensino de Xesucristo contida nel; estas catro notas ou características esenciais son:

Unidade en canto a Fe e Moral de tódolos seus integrantes, todos eles baixo a autoridade dun único Xefe Supremo, o papa, que é o bispo de Roma. Santidade ao soster que, aínda que membros da Igrexa, ata membros de alta xerarquía, poidan pecar, a Igrexa no seu conxunto e en tanto que Corpo Místico de Cristo está libre de toda mancha. Catolicidade, entendida como universalidade (do grego katholikos, "universal") e referida ao feito de que a Igrexa está destinada a facerse presente en todo tempo, en todo lugar e a todo home, a fin de poder anunciar o Evanxeo. Apostolicidade, condición que a Igrexa reclama para si ao considerar os seus actuais xerarcas (o papa e os bispos) como sucesores de san Pedro e os demais Apóstolos e herdeiros de toda a súa autoridade e poder na comunidade dos cristiáns; esta nota proporciona, á súa vez, fundamento á doutrina da sucesión apostólica, a través da cal perdurou ata a actualidade.

Doutrina esencial

A característica máis sobresaliente e xenuína para distinguir os Católicos é a súa posición persoal respecto ao bispo de Roma. O bispo de Roma recibe o título de papa e considéraselle non só bispo do seu diocese senón bispo da Igrexa católica enteira, é dicir, Pastor e Doutor de tódolos cristiáns.

O papa goza na Igrexa católica dun status de xerarquía suprema, posuíndo o primado sobre todos os demais Bispos e a plenitude da potestade de réxime (como se denomina na Igrexa católica ao poder lexislativo, executivo e xudicial), a cal pode exercer de forma universal, inmediata e suprema sobre todos e cada un dos pastores e dos fieis católicos. É posible afirmar que quen recoñece a autoridade do bispo de Roma e a acata, e ademais acéptao como Vigairo de Cristo na Terra, ese é un católico.

Outras partes da Doutrina Católica sobresalientes e distintivas en relación ao resto dos cristiáns son a crenza na Inmaculada Concepción e na Maternidade Virxinal de María, nai de Xesús, así como a fe na autoridade espiritual efectiva da Igrexa para perdoar pecados e remitir as penas debidas por eles, mediante o Sacramento da Reconciliación e as indulxencias, a preponderancia da tradición que ten como referente os Pais da Igrexa.

A crenza nas tres persoas de Deus, o pecado orixinal, a encarnación e resurrección da carne e a vida eterna son crenzas baseadas nos dogmas definidos dos sete primeiros concilios apostólicos, que son tamén a base da fe da Igrexa ortodoxa. As igrexas ortodoxas orientais non aceptan o Concilio de Calcedonia, pero teñen asinado no século XX declaracións de fe cristolóxicas coa Igrexa católica.

Perspectiva xeral A Igrexa católica ten membros en cada un dos países da Terra. É unha organización xerárquica na cal o clero ordenado está dividido en bispos, sacerdotes e diáconos.

Ao final de 2004 o mundo estaba dividido en 2.755 bispados ou dioceses, cada unha cun bispo que a preside, responsable do benestar relixioso dos crentes que estean na súa área xeográfica. O principal bispado é o de Roma, cuxo encargado é o papa.

A Igrexa vese a si mesma como a encargada por Xesucristo para axudar a percorrer o camiño espiritual cara a Deus vivindo o amor recíproco e por medio da administración dos sacramentos (bautismo, eucaristía, confirmación, penitencia, matrimonio, orde sacerdotal e unción dos enfermos ou extrema unción), a través dos cales Deus outorga a graza ao crente.

A autoridade para ensinar o maxisterio da Igrexa basea os seus ensinos tanto nas Escrituras como na tradición apostólica. A Igrexa suma moitas ordes monásticas de frades e monxas que fan votos de obediencia, pobreza e castidade e actualmente varios movementos laicos compostos por cristiáns comprometidos, algúns de cuxos membros tamén fan ditos votos. Todos eles dedican as súas vidas enteiramente a Deus. Outras prácticas relixiosas inclúen o xaxún, a meditación, a oración, a penitencia e a peregrinación.

Outros termos para designala Os seguintes termos xorden especialmente a consecuencia do Concilio Vaticano II (da década do anos 1960). Fan referencia a distintas formas de entender a natureza e obxectivos da Igrexa católica: Sacramento de Cristo. Pobo de Deus. Corpo de Cristo. Esposa de Cristo.

Organización e demografía miniatura|dereita|200px|Basílica de San Xoán de Latrán. O clero está organizado de forma xerárquica, pero ten en conta a comuñón dos fieis. Cada membro do clero depende dunha autoridade superior, pero a autoridade superior debe exercer o seu goberno tendo en conta a comunidade, a través de consultas, reunións, intercambio de ideas.

Territorialmente, a Igrexa católica organízase en dioceses, cada unha a cargo dun bispo. Estas, á súa vez, reúnense en provincias, que conforman unha arquidiocese. Outras xerarquías son as prelaturas e os vicariatos.

O goberno da igrexa reside nos sacerdotes:

Os bispos encárganse de cada diocese. Son axudados polos presbíteros e os diáconos. Ningún bispo, aínda que sexa nomeado cardeal, ten autoridade sobre outro senón directamente do papa. Os cardeais: axudan o papa no pastoreo da Igrexa universal e na administración do Vaticano e a Curia romana. Cando o papa morre, elixen o sucesor. Colectivamente forman o colexio cardinalicio. Os cardeais son elixidos persoalmente polo papa. O papa é electo polo colexio de cardeais, reunido en conclave. Outórgaselle a infalibilidade só a partir do Concilio Vaticano I, en 1871, privilexio que aínda causa polémica. O desenvolve o seu ministerio coadxuvado por dous grupos de colaboradores: os cardeais e o concilio ecuménico. O concilio ecuménico, asemblea de tódolos bispos do mundo presidida polo papa, é convocado cando hai que tomar as decisións máis importantes, en materia de fe (dogmas) e de moral.

Para cada país, hai unha conferencia episcopal, cuxos cargos son electivos entre os bispos da mesma nación. Tamén se organiza por provincias eclesiásticas; en cada provincia, ao bispo da sé máis importante chámaselle arcebispo ou metropolita, e a súa diocese chámase arquidiocese.

As ordes relixiosas non pertencen á organización xerárquica da Igrexa. Elas poden ser de dous tipos: Ordes relixiosas de dereito diocesano: dependen do bispo da diocese na que foron recoñecidas. Ordes relixiosas de dereito pontificio: dependen directamente do papa, aínda que deben traballar en comuñón cos bispos das dioceses.

Igrexas particulares autónomas

A Igrexa católica estrutúrase en 23 igrexas particulares autónomas, que comparten unha mesma doutrina, mais que teñen diferentes tradicións litúrxicas e canónicas. A maior delas é a Igrexa católica latina, e as 22 restantes reciben a denominación común de igrexas católicas orientais, algunhas delas chamadas uniatas por non estar ao longo da súa historia en continua comuñón coa Santa Sé.

Historia da Igrexa Para a historia anterior á Idade Media, ver cristianismo xa que son inseparables

Orixe A fe católica e a fe cristiá en xeral están baseadas na vida, palabra e obra de Xesús de Nazaret, tal e como vén contada nos evanxeos; así como noutros textos do Novo Testamento, como as epístolas paulinas, as epístolas católicas e o libro da Apocalipse.