"Almost Unreal" é unha canción interpretada polo dúo sueco Roxette. A canción foi incluída na banda sonora do filme de Super Mario Brothers e foi lanzado como sinxelo en 1993. Foi escrita por Per Gessle.

"Almost Unreal" foi un éxito en moitos países europeos, alcanzando a sétima posición na lista de sinxelos do Reino Unido, facendo tamén un Top 10 en Suecia e Noruega, e un Top 20 en Australia, Suíza, Alemaña e máis Austria. Porén, unicamente acadou a posición 94 nos Estados Unidos converténdose no penúltimo sinxelo en conseguir entrar no Top 100 nese país.

Lista de temas # Título 1. "Almost Unreal" 2. "The Heart Shaped Sea" 3. "Fingertips '93" 4. "Almost Unreal (A/C Mix)"

Véxase tamén Ligazóns externas Roxette , páxina oficial de Roxette. Marie Fredriksson, páxina oficial de Marie Fredriksson. Gessle, páxina oficial de Per Gessle. Run to Roxette, comunidade en liña de fans. The Daily Roxette, comunidade en liña de fans.

Categoría:Sinxelos de 1993 Categoría:Cancións de Roxette