África Occidental é unha rexión xeográfica que abrangue o oeste de África. Adoita incluírse nela os seguintes países:

Benín Burkina Faso Camerún Cabo Verde Costa do Marfil Gabón Gambia Ghana Guinea Guinea-Bissau Liberia Malí Níxer Nixeria República do Congo (Congo-Brazzaville) Senegal Serra Leoa Togo

Chad, e parte do Magreb (Mauritania e Sáhara Occidental, pero tamén Marrocos, Tunisia e Alxeria) son, en ocasións, tamén considerados como parte de África occidental.

África occidental é unha área con gran diversidade de paisaxes, biorrexións e culturas. Limita ao oeste e ao sur co océano Atlántico e ao norte co deserto do Sáhara. Ao leste o límite é menos preciso; xeralmente considérase a liña entre o monte Camerún e o lago Chad.

Os límites coloniais transformáronse nos límites de países contemporáneos da rexión. Nalgúns casos estes límites dividen grupos étnicos entre diferentes países.

Véxase tamén Outros artigos Comunidade Económica dos Estados da África Occidental

Categoría:Xeografía de África