miniatura|Mapa das 36.569 comunas da Francia metropolitana|300px A comuna é a división administrativa de menor nivel en Francia. A palabra francesa commune apareceu no século XII, da verba pertencente ao latín medieval communia, cuxo significado se refire ao pequeno conxunto de xente que comparte unha vida común, do latín communis, cousas en común.
As comunas francesas son aproximadamente equivalentes ao concello galego.
Unha comuna francesa pode ser unha cidade de 2 millóns de habitantes como París, unha cidade de 10.000, ou unha pequena aldea de só 10 persoas.
Características xerais Número total de comunas A 1 de marzo de 2007, existían 36.780 comunas en Francia, 36.568 delas na Francia metropolitana e 212 na ultramar. Isto é considerablemente máis ca en calquera outro país europeo. Esta peculiaridade explícase máis en detalle na sección de historia máis adiante. En resumo, as comunas francesas aínda reflicten a división de Francia en aldeas no tempo da Revolución Francesa, máis de dous séculos atrás. Evolución do número de comunas Francia metropolitana Francia de ultramar 1 de xaneiro de 199936.565 214 1 de xaneiro de 200036.566 214 1 de xaneiro de 200136.563 214 1 de xaneiro de 200236.565 214 1 de xaneiro de 200336.564 214 1 de xaneiro de 200436.568 214 1 de xaneiro de 200536.570 214 1 de xaneiro de 200636.571 214 1 de xaneiro de 200736.569 214 1 de marzo de 200736.568 212 Debería ser destacado que, a diferenza doutros países como os Estados Unidos, a totalidade do territorio da República de Francia, fóra dunhas pequenas posesións de ultramar, atópase dividido en comunas. No territorio da República Francesa non hai ningún lugar que sexa directamente gobernado por un condado ou algunha autoridade maior. (Isto é semellante á situación en Nova Inglaterra, rexión dos Estados Unidos.) Calquera lugar da República Francesa é parte dunha comuna, tanto no territorio metropolitano como no de ultramar (incluídas montañas deshabitadas ou as selvas), con estas únicas excepcións: COM (collectivité d'outre-mer, en galego colectividade de ultramar) de San Martiño (33.102 habitantes). Foi anteriormente unha comuna dentro da rexión de Guadalupe. A estrutura de comuna foi abolida cando San Martiño se converteu nunha Colectividade de Ultramar o 22 de febreiro de 2007. Agora é un dos tres territorios permanentemente habitados da República de Francia sen estrutura de comuna. COM de Wallis e Futuna (14.944 habitantes), este é outro dos tres territorios permanentemente habitados da República de Francia sen estrutura de comuna. COM de Saint-Barthélemy (6.852 habitantes). Fora previamente unha comuna dentro da rexión de Guadeloupe. A estrutura de comuna foi abolida cando Saint-Barthélemy se converteu nunha Colectividade de Ultramar o 22 de febreiro de 2007. Agora é un dos tres territorios permanentemente habitados da República de Francia sen estrutura de comuna. TOM (territoire d'outre-mer, en galego territorio de ultramar) das Terras Austrais e Antárticas Francesas (sen poboación permanente, ao redor de 200 residentes científicos, mariñeiros e meteorólogos). Illa Clipperton no océano Pacífico (deshabitada).
Superficie cuberta dunha comuna típica Na Francia metropolitana, a área promedia dunha comuna en 2004 era 14,88 km². A área mediana das comunas da Francia metropolitana (segundo o censo de 1999) é aínda máis pequena, 10,73 km². A área mediana é a medida máis aproximada á área dunha comuna francesa.
Esta área mediana é máis pequena que na maioría dos países europeos, como Italia onde a área mediana das comunas (comuni) é 22 km², Bélxica onde esta é 40 km², España onde é 35 km², ou Alemaña onde a maioría dos Länder teñen comunas (Gemeinden) cunha área mediana superior aos 15 km²).
Este pequeno tamaño das comunas francesas é debido á cantidade extremadamente enorme de comunas, mencionada anteriormente, nun territorio mediano como é o de Francia. En 2000, Suíza e os Länder de Rheinland-Pfalz, Schleswig-Holstein, e Turinxia en Alemaña eran os únicos sitios de Europa onde as comunas tiñan unha área mediana máis pequena que en Francia.
As comunas dos departamentos de ultramar de Francia, como Reunión e Güiana francesa son grandes para os estándares franceses, máis grandes que as comunas metropolitanas. As comunas de ultramar adoitan agrupar nunha mesma comuna importantes aldeas ou cidades, a miúdo a considerables distancias entre elas. En Reunión, coa expansión demográfica e a extensa urbanización, houbo unha división administrativa dalgunhas comunas.
Poboación dunha comuna típica A poboación mediana das comunas da Francia metropolitana segundo o censo de 1999 era de 380 habitantes. Novamente é un número moi pequeno, e nisto Francia diferénciase do resto de Europa, co número máis baixo de poboación media de comunas de tódolos países europeos (as comunas en Suíza ou Rheinland-Pfalz, teñen unha superficie máis pequena, como se menciona arriba, pero están máis poboadas). Esta baixa poboación media nas comunas francesas pode ser comparada coas de Italia onde a poboación media das comunas en 2001 era 2.343 habitantes, Bélxica onde era de 11.265 habitantes, ou España onde era de 564 habitantes.
A poboación mediana recentemente mencionada non debería opacar o feito de que as diferenzas en tamaño son extremas entre as comunas francesas. Como se mencionaba na introdución, unha comuna pode ser unha cidade de 2 000 000 de habitantes como París, unha cidade de 10.000 habitantes, ou só unha aldea de 10 habitantes. O que nos di a poboación mediana é que a enorme maioría das comunas francesas só teñen un par de centos de habitantes; aínda que tamén existan un pequeno número de comunas altamente poboadas.
En Francia metropolitana, hai 20.982 comunas con menos de 500 habitantes, o cal é o 57,4% do número total de comunas. Nesas 20.982 comunas viven só 4 638 000 habitantes, ou o 7,7% da poboación total de Francia metropolitana. Noutras palabras, só o 7,7% da poboación francesa vive nun 57,4% das comunas, mentres que o 92,3% de poboación restante concéntrase en só un 42,6% das comunas.
Estados das comunas Malia as enormes diferenzas en poboación, cada unha das comunas da República Francesa posúe un alcalde (maire) e un consello municipal (conseil municipal) que manexan a comuna dende o mairie ou casa do concello, con exactamente o mesmo poder, sen importar o tamaño da comuna (coa cidade de París como única excepción, onde a policía da cidade está en mans do estado central, non en mans do alcalde de París). Esta uniformidade de poder é un claro legado da Revolución Francesa, a cal quixo acabar coa idiosincrasia local e as xigantes diferenzas de clase que existían no Reino de Francia.
Con todo, o tamaño dunha comuna importa en dous aspectos: a Lei Francesa determina o tamaño do consello municipal acorde á poboación da comuna; e o tamaño da poboación determina que proceso de votación é usado para a elección do consello municipal.
Dende a lei PML de 1982, tres comunas francesas tamén teñen a particularidade de estaren divididas en arrondissements ou distritos municipais: estas son París, Marsella e Lión. O Distrito Municipal é a única unidade de administración por baixo da comuna na República de Francia, pero existe só nesas tres comunas. Estes distritos municipais non deben ser confundidos cos distritos franceses que son as subdivisións dos departamentos franceses.
As comunas francesas tiveron personalidade legal dende 1837: son consideradas entidades xurídicas, e teñen capacidades lexislativas. Os distritos municipais non teñen personalidade xurídica, e non teñen orzamento de seu.
Os dereitos e obrigacións das comunas son rexidos polo Code général des collectivités territoriales (CGCT) que substitúe o Code des communes coa pasaxe da lei do 21 de febreiro de 1996 para a lexislación e decreto número 2000-318 do 7 de abril de 2000 para regulacións.
Historia das comunas francesas As comunas francesas foron creadas a comezos da Revolución Francesa entre 1789 e 1790. Antes da Revolución Francesa, non existía nada semellante ás comunas da Francia actual. O nivel máis baixo de división administrativa era a paroisse (parroquia), e había máis de 60.000 no Reino de Francia. Unha parroquia era esencialmente unha igrexa, as casas ao redor dela (e chamábase a isto a aldea), e as terras de cultivos rodeando a aldea. Naquel tempo Francia era o país máis poboado de Europa, posto que ostentou ata o século XIX; tiña máis poboación que Rusia, aproximadamente 25 millóns de habitantes antes da Revolución Industrial (Inglaterra tiña só 6 millóns de habitantes antes dela). Isto influíu no sorprendentemente alto número de parroquias no Reino de Francia. Os reis franceses a miúdo se enorgullecían de dominar eles mesmos sobre "un reino de 100.000 almas".
Con todo, estas parroquias carecían das estruturas municipais das comunas post-revolución. Usualmente había só un edificio de concello (conseil de fabrique), conformado por aldeáns, os cales se encargaban de administrar os edificios de numerosas propiedades da igrexa, ás veces tamén axudaban aos pobres, e ata administraban hospitais e escolas da parroquia. O sacerdote encargado da parroquia tamén foi requirido para rexistrar bautismos, casamentos e enterros, dende a Ordonnance de Villers-Cotterêts de agosto de 1539 ordenada por Francisco I. Exceptuando estas tarefas, deixouse que a aldea manexase outros asuntos como quixese. Usualmente, os aldeáns xuntaríanse a decidir sobre algún asunto especial concernente á comunidade, así como os usos de terras de cultivos, pero non existiu un corpo municipal permanente. En moitos lugares, o señor feudal local (seigneur) no seu castelo seguía intervindo nos asuntos da aldea, continuaba cobrando impostos aos aldeáns arrendatarios, determinando que terra de cultivo sería usada e cando, e que parte da colleita debían entregarlle.
O 14 de decembro de 1789, poucos meses logo da Revolución Francesa, a Assemblée Nationale (Asemblea Nacional) ditou unha lei creando a comuna, definíndoa como o máis baixo nivel de división administrativa en Francia, dando a súa aprobación deste xeito ás comunas independentemente creadas, pero tamén creando comunas na Asemblea mesma. Neste aspecto, así como en moitos outros, a obra da Asemblea Nacional foi completamente revolucionaria: non só transformaron todas as cidades e aldeas en comunas, a Asemblea Nacional tamén decidiu transformar todas as parroquias en comunas independentes. Os revolucionarios foron inspirados polas ideas cartesianas así como pola filosofía dos ilustrados (les Lumières). Eles querían rematar con todas as particularidades e establecer unha sociedade perfecta, na que todos e todo debería ser igualitario. Casa do concello ou Mairie de Savins, Seine-et-Marne|miniatura Casa do concello de Grisy-Suisnes, Seine-et-Marne|miniatura Por isto intentan establecer unha división administrativa uniforme e igualitaria en todo o país: a totalidade de Francia estaría dividida en départements, á súa vez divididos en arrondissements, á súa vez divididos en cantons, á súa vez divididos en comunas, sen excepción. Todas estas comunas terían o mesmo poder, todas terían un alcalde (maire) encabezándoas, e un concello municipal (conseil municipal) elixido polos habitantes da comuna. Iso foi unha verdadeira revolución para miles de aldeas que nunca experimentaran unha organización municipal anteriormente. Unha casa do concello (mairie) tivo que ser construída en cada unha desas aldeas, nas cales se levarían a cabo as reunións do consello municipal así como a administración da comuna. Algúns na Asemblea Nacional opuxéronse a esta fragmentación de Francia en varios miles de comunas, pero eventualmente Mirabeau e as súas ideas dunha comuna para cada parroquia prevaleceron.