Julia García-Valdecasas Salgado, nada en Barcelona o 29 de xaneiro de 1944 e finada na mesma cidade o 5 de febreiro de 2009, foi unha política española.
Traxectoria Era filla de Francisco García-Valdecasas, quen fora reitor da Universidade de Barcelona durante o franquismo. Licenciada en Farmacia nesa universidade, traballou de boticaria dende 1969 ata 1979. Posteriormente ingresou no corpo de Interventores e Auditores do Estado por oposición en 1980, e a ese traballo dedicou o resto da súa vida. Chegou a ostentar a presidencia da Asociación Nacional de Interventores de España de 1990 a 1994.
Comezou a súa carreira política cando o presidente de goberno español José María Aznar a nomeou delegada do Goberno en Cataluña en maio de 1996. Afiliouse ao Partido Popular e ocupou o cargo de delegada ata agosto de 2003 cando foi promovida ao cargo de ministra de Administracións Públicas. Foi a primeira muller en ocupar ese ministerio.
O 14 de marzo de 2004 foi elixida Deputada pola circunscrición de Barcelona no Congreso dos Deputados, pero ao perder o PP o goberno tivo que abandonar o ministerio, onde foi substituída polo socialista Jordi Sevilla. O 1 de outubro de 2006 deixou o escano no Congreso por razóns de saúde, posto que lle diagnosticaron unha enfermidade dexenerativa chamada atrofia multisistema ou MSA. Faleceu dous anos máis tarde, en febreiro de 2009 dunha pneumoníaFallece a los 65 años la ex ministra Julia García-Valdecasas , Público, 5/02/2009.
Vida persoal Estaba casada co profesor de dereito mercantil Xabier Añoveros Trias de Bes e tiña 3 fillos.
Notas
Categoría:Ministros do Goberno de España da VII Lexislatura Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1944 Categoría:Finados en 2009 Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Farmacéuticos de España