Os Coutos é unha parroquia do concello asturiano de Ibias. En 2020, segundo o INE, tiña 44 habitantes, 23 homes e 21 mulleres. Historia En 1385 a parroquia pertencía eclesiasticamente ao arciprestado de Navia de Suarna, incluído no arcediago de Ribadeo.

Lugares A parroquia está constituída polos seguintes lugares:

Folgueiras dos Coutos (Folgueiras Os Coutos) A Gavianceira, en normativa da ALLA, A Gavienceira. A Lagúa (Lagúa), en normativa da ALLA, A Legúa. A Muria (La Muria) A Muria de Baxo Cha A Muria de Riba Parada Perdigueira Santa Comba dos Coutos (Santa Comba Os Coutos) Val de Ferreiros (Valdeferreiros), en normativa da ALLA, Valdeferreiros. O Viñal (Viñal) Vilarello. Vilaselande (Villaselande)

Clima O clima predominante é o típico de montaña do noroeste ibérico.

Lingua A lingua oficial é o castelán aínda que a lingua vehicular no ámbito privado é o galego de Asturias.

Lugares e parroquias

Lugares da parroquia dos Coutos

Parroquias do concello de Ibias

Notas

Coutos