A estación do Porriño é unha estación de tren de Adif situada na cidade do Porriño, na provincia de Pontevedra. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe Operadora.
Situación ferroviaria A estación está situada no punto quilométrico 151,6 da liña que une Monforte de Lemos con Redondela. Atópase a 31 metros de altitude, e a liña é de vía única electrificada.
Historia A estación foi inaugurada o 17 de marzo de 1878 coa apertura do tramo Guillarei-Vigo da liña que pretendía unir Vigo con Monforte de Lemos. A compañía encargada das obras foi MZOV. O enxeñeiro Francisco Javier Boguerín clasificouna como de terceira categoría. Nos primeiros anos houbo unha construción provisional de madeira. O edificio foi construído entre marzo de 1889 e xaneiro de 1890.
En 1928, os graves problemas económicos que sufrían as empresas que xestionaban as liñas férreas do oeste español levaron ao estado á nacionalización das mesmas e á súa agrupación na Compañía Nacional dos Ferrocarrís do Oeste.Medina del Campo a Zamora y Orense a Vigo - MZOV Spanishrailway En 1941, Oeste integraríase como o resto de compañías ferroviarias españolas en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
O 9 de setembro de 2016 tivo lugar na entrada da estación o accidente ferroviario do Porriño. Unha unidade 420 de Comboios de Portugal que se dirixía de Vigo a Porto descarrilou ás 9:25 da mañá, e provocou a morte de 4 persoas e máis de 40 feridas.
A estación Está situada ao norte do municipio. O seu edificio para viaxeiros segue o esquema doutras estacións deste tramo e componse dun corpo central de dúas alturas ao que se anexan dúas ás laterais de menor altura. Dispón de dúas plataformas, unha lateral e outra central ás que acceden tres vías. Outras dúas vías terminan en toperas. No exterior do recinto hai unha zona de aparcadoiro habilitada.
Servizos ferroviarios Longa Distancia Actualizados a 11 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 3 trens semanais por sentido Trenhotel Rías Galegas Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Ribadavia · Guillarei · O Porriño · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Ourense-Empalme · Guillarei · O Porriño · Redondela Vigo-Guixar 1 tren diario por sentido
Media distancia Actualizados a 11 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 3 Rexional ExprésRexional Internacional Porto-Campanhã | <> | Vigo-Guixar|--- |- align=center | bgcolor=#800080 | 6 | Rexional Exprés | León Ponferrada Ourense-Empalme <> Vigo-Guixar
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información da estación na web de Adif
Porrino Categoría:O Porriño