Quereño é unha estación de tren de Adif, situada en Quereño, no concello de Rubiá, provincia de Ourense. Ten servizos de Media distancia operados por Renfe.
Situación ferroviaria Está situada no punto quilométrico 282,7 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 376 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Pumares e Covas. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte.
Nesta estación abriuse en setembro de 1885 un lazareto por mor da epidemia de cólera que asolaba España, dado que esta era a primeira estación existente en Galicia (despois da parada de Covas) e o ferrocarril era un medio moi usado polos segadores galegos que ían en verán a Castela«El cólera de 1885 en Ourense: "Dende Quereño á Canda...¡Que vacunen ó demo!. A min non me xiringa nadie”», artigo de David Simón no blog Diario de un médico de guardia, 20 de agosto de 2015 .. O lazareto estaba dirixido polo médico pontevedrés Bernardo López Cobián. Do lazareto de Quereño fala Antón Ferreiro no periódico O Tio Marcos d'a Portela o 13 de setembro de 1885, na copla "Carta d'un segador á sua muller": En 1941 a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración en Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Arquitectura Dispón dun edificio para viaxeiros de base rectangular e tres plantas con disposición lateral ás vías. Ten tres vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ningunha delas está cuberta. Os cambios de plataforma realízanse a nivel.
Servizos ferroviarios Media Distancia Actualizado a 18 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe <> Destino Intercity Madrid-Chamartín <> Vigo-Guixar 6 Rexional Exprés León Ponferrada <> Vigo-Guixar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de estacións de tren de Galicia Ligazóns externas Información da estación na web de Adif
Quereño Categoría:Rubiá