Laxosa é un apeadoiro de Adif, situado en Laxosa, no concello do Corgo, provincia de Lugo. Actualmente non presta servizos de pasaxeiros.
Situación ferroviaria A estación atópase no punto quilométrico 421,5 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A CoruñaRede ferroviaria española Ministerio de Fomento., entre as estacións da Pobra de San Xiao e de Lugo. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 2 de agosto de 1878 coa posta en marcha do tramo Sarria-Lugo da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña por parte do Estado.Cronoloxía básica do ferrocarril español de vía ancha Fundación de los Ferrocarriles Españoles
Dende 2002 non ten servizos de pasaxeiros.Os trens rexionais de Renfe non paran en cinco estacións aínda que haxa pasaxeiros
A estación O edificio para viaxeiros é de base rectangular e dúas alturas. Dispón de dúas vías, unha pasante e outra lateral á que se accede dende unha plataforma lateral.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Información sobre saídas e chegadas na web de Adif
Laxosa Categoría:O Corgo