Alejo Carpentier Valmont, nado o 26 de decembro de 1904 e finado o 24 de abril de 1980, foi un novelista e narrador cubano que influíu notablemente na Literatura latinoamericana desde mediados do século XX en adiante. Foi o criador do concepto literario real-marabilloso na súa novela "El reino de este mundo" precursor do realismo fantástico.
Traxectoria Está considerado un dos artífices da renovación da literatura latinoamericana, particularmente a través do seu estilo, incorporando todas as dimensións posibles da imaxinación (soños, mitos, maxia e relixión) na súa concepción da realidade literaria. Foi proposto para o Premio Nobel de Literatura.
Foi amais xornalista, profesor da universidade, diplomático e musicólogo sendo esta, a música, a súa meirande paixón; a pesar de ter sido a literatura a que le deu sona a nivel mundial.
Obra Carpentier deixou unha obra que principalmente se desenvolve no relato, o ensaio e a novela, sendo esta última se cadra a máis cultivada. Ten o seu cumio na obra que leva por título El Siglo de las Luces, traducida a diversas linguas e considerada pola crítica coma unha obra mestra.
Títulos en castelán ¡Écue-Yamba-O! (1933). El reino de este mundo (1949). Los pasos perdidos (1953). Guerra del tiempo (1956). El acoso (1958). El Siglo de las Luces (1962). El recurso del método (1974). Concierto barroco (1974). El arpa y la sombra (1978). La consagración de la primavera (1978). Visión de América. Los advertidos (relato). Semejante la noche (relato). Viaje a la semilla (relato). Los fugitivos (relato).
Libreto de Ópera Manita en el suelo, música de Alejandro García Caturla.
Filmografía Cortázar: Apuntes para un documental, dirección de Eduardo Montes-Bradley, Arxentina, 2001 (Participación mínima).
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio oficial de Alejo Carpentier en Cuba Literaria Biografía de Carpentier
Categoría:Escritores de Cuba Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en 1904 Categoría:Finados en 1980 Categoría:Nados en Lausana Categoría:Premio Cervantes Categoría:Novelistas de Cuba