O Furia Athlétic Club é un club de fútbol galego, da parroquia de Campaña no concello de Valga. Foi fundado o 20 de abril de 1996, sendo o primeiro presidente Roxelio Losas Martínez.

Historia Na tempada 1996-97 tiña un equipo na categoría de afeccionados e dous nas categorías inferiores: un de infantís e outro de alevíns. Na actualidade ten catro equipos: afeccionados, xuvenís, infantís e benxamíns; aínda que chegou a contar con sete categorías: afeccionados (masculino e feminino), xuvenís, cadetes, infantís, alevíns e benxamíns.

Logrou o campionato de liga infantil nas tempadas 1998-99, 2000-01 e 2003-04, campionato de liga xuvenil 2003-04, campionato da liga cadete 2005-06 e campionato da liga de terceira autonómica 2006-07. Na tempada 2010-2011 volve a conseguir gañar a liga de terceira autonómica, co que acada o ascenso a segunda autonómica.

Entre o ano 2000 e o 2003 estivo presidido por Mila Bouzón Castroagudín, sendo substituída por Antonio Martínez Vázquez. Actualmente rexenta o cargo Marcos Jamardo "Polo".

O Furia foi promotor da primeira Copa do Sar de categoría cadete e da primeira Liga do Sar de benxamíns. Ten participado en diversos torneos a nivel nacional e internacional.

En 1998, despois dunha longa loita, o Furia consegue que o Comité de Disciplina Deportiva de Galicia permitise o acceso a mulleres en tódalas competicións organizadas pola Federación Galega de Fútbol.Galicia legalíza el fútbol mixto, El País . Últimas tempadas Tempada Categoría Posición2006/073ª Autonómica1º 10px|Ascenso2007/082ª Autonómica14º 10px|Descenso2008/093ª Autonómica5º2009/103ª Autonómica6º2010/113ª Autonómica1º 10px|Ascenso2011/122ª Autonómica8º

Xogadores Cadro actual

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Furia

Categoría:Equipos de fútbol da provincia de Pontevedra Categoría:Deporte en Valga