Collado Villalba é un municipio español da Comunidade de Madrid, situado a 39 quilómetros ao noroeste de Madrid e a 917 metros de altitude sobre un amplo vao da madrileña Serra de Guadarrama. Cunha poboación de 63.074 habitantes en 2018, abre o val de Guadarrama, zona turística da Comunidade de Madrid.

Xeografía Collado Villalba está rodeado ao oeste, norte e leste por montañas de entre 1000 e 2000 metros de altitude (de oeste a leste, Serra de Malagón, Serra de Guadarrama e Serra do Hoyo de Manzanares). Collado Villalba está situado nun amplo val en torno ao río Guadarrama.

O clima da comarca é mediterráneo-continental tépedo húmido. O relevo de Collado Villalba está formado por chairas, lombas e cerros, coa media e alta montaña presente nas súas proximidades. As principais montañas que rodean a "hoya de Villalba" son de oeste a leste: Abantos (1754 m), Cuelgamuros, Cabeza Líjar (1824 m), Porto de Guadarrama (1511 m), A Peñota (1944 m), Porto de Fuenfría (1796 m), Siete Picos (2138 m), Porto de Navacerrada (1860 m), La Maliciosa (2383 m), El Yelmo (1714 m) e El Estepar (1404 m).

Historia

Demografía

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web do concello Instituto de Estatística da Comunidade de Madrid > Ficha municipal

Categoría:Concellos da Comunidade de Madrid