A Mancha (en castelán: La Mancha) é unha rexión natural do centro de España, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, que ocupa boa parte das provincias de Albacete, Cidade Real, Cuenca e Toledo.

Ten unha extensión de máis de 30 000 km²,http://digital.csic.es/handle/10261/5848http://books.google.es/books?id=UhIC2EHDUPUC&printsec=frontcover#PPA165,M1 aproximadamente 300 km de leste a oeste e 180 de norte a sur,Biblioteca Premium Microsoft Encarta. A Enciclopedia Espasa da unha cifra moi parecida: 295 km de leste a oeste, 184 de norte a sur. constituíndo unha das chairas naturais máis grandes da Península Ibérica. Representa o extremo sur-oriental da Meseta Central, concretamente da Submeseta Sur. A Mancha forma o centro da Meseta Sur, situada entre as rexións de Mesa de Ocaña, Montes de Toledo, Campo de Calatrava, Serra Morena, Campo de Montiel, Campos de Hellín, Corredor de Almansa, A Manchuela, La Alcarria e a Serranía de Cuenca. miniatura|Paisaxe típica da Mancha na provincia de Cidade Real As súas extensas e áridas chairas son coñecidas mundialmente grazas á novela de Miguel de Cervantes, Don Quixote da Mancha, a maior parte de cuxas aventuras e accións transcorren na xeografía desta rexión.

Notas Ovellas e cabras na Mancha|250px|esquerda|miniatura

Categoría:Xeografía de Castela-A Mancha Categoría:Rexións históricas de España Categoría:Castela