O Templo de Atenea Nike (en grego antigo Ναός Αθηνάς Νίκης: Atenea Vitoriosa) ou Nike Áptera (Αθηνάς Νίκης: Vitoria sen ás) conmemora a vitoria sobre os persas na batalla de Salamina (448 a. C.). A idea da súa construción na Acrópole de Atenas, xurdiu no 449 a. C., trala paz cos persas. Porén, Pericles opúxose ao levantamento do mesmo e non se comezaron as obras ata o 421 a. C.,Trachtenberg &Hyman (1990), p. 107 ou o 425 a.C.,Hartt (1989), p. 198 comezada xa a Guerra do Peloponeso (431 a. C. - 404 a. C.).
Historia O proxecto encargáronllo Calícrates (Καλλικράτης), arquitecto que tamén colaborou na construción do Partenón xunto con Ictino, e que deseñou un templo de orde xónica que tivo que adaptarse ao pequeno espazo que se lle asignou: un bastión (torre grande) dos Propileos, que domina o ascenso á Acrópole.
No seu interior houbo un xóanon, imaxe de Atenea personificada como Niké, ou deusa alada, símbolo das vitorias navais, á que lle cortaron as ás (áptera: sen ás) para que nunca puidese abandonar a cidade. Pero o templo non estaba destinado a grandes reunións, para iso tiña enfronte un altar que permitía celebrar cerimonias ao aire libre.
O templo no seu estado actual foi fielmente restaurado, pero perdeu parte do friso, a cuberta e os frontóns. É o templo xónico máis antigo da Acrópole.
Os turcos desmontaron gran parte da estrutura para realizar fortificacións coa pedra, mais no século XIX foi restaurado.
Vistas
Alzado O alzado do templo (de 8 metros de altura): sobre a plataforma en chanzos (crepidoma) aséntanse os muros e as columnas xónicas de mármore compostas de basa, fuste monolítico con estrías de ángulos matados e chapitel con volutas. O entaboamento consta dunha arquitrabe de tres bandas, un friso corrido que tivo unha decoración mitolóxica alusiva ás Guerras médicas e unha cornixa, sobre ela os frontóns dedicados a Atenea.
O alzado tamén presenta unha anomalía particular: mentres a proporción da medida da altura da columna en relación ao diámetro da base na orde xónica é de 9:1, neste caso é baixa (7:1) quizais para axeitarse á proporción da estrutura dórica próxima, que eran o propíleos e que tiñan un módulo de 5:1 miniatura|dereita|300px|Alzado reconstruído hipoteticamente.miniatura|dereita|181px|Planta.
Planta A planta, de moi pequenas dimensións, é propia dun templo anfipróstilo-tetrástilo, no que tanto o vestíbulo dianteiro (pronao) como o traseiro (opistódomos) se converten en pequenos pórticos. A cella ou sala da deusa, é case cadrada (4 x 4 metros). É, polo tanto, un templo moi pequeno, de dimensións humanas; moi harmonioso nas súas proporcións. Todas as medidas están matematicamente estudadas para daren esa sensación de esvelteza, a pesar do seu escaso tamaño. miniatura|400px|Restos do friso.miniatura|85px|Atenea atándose unha sandalia
A decoración escultórica no friso do templo, que representa a Atenea, Zeus e Poseidón axudando os atenienses, é sen dúbida un intento de elevar a moral da cidade, que naqueles anos estaba sumida noutra contenda que acabaría perdendo, a Guerra do Peloponeso. Así mesmo, o parapeto do bastión sobre o que se alza o edificio foi decorado con relevos (entre eles o de Atenea Niké atándose a sandalia) intentando expresar a determinación pola vitoria que nunca chegou. Este paramento, obra da escola de Fidias mostra as súas principais características, como os panos mollados (xa esculpidos ao trépano) ou figuras divinas (como a propia Atenea) en accións "cotiás" como atarse unha sandalia, que demostran o afastamento do idealismo do primeiro clasicismo.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Niké Orde xónica Ligazóns externas Fotografías do friso en ancient-greece.org (en inglés). Sitio oficial do Ministerio de cultura de Grecia sobre o templo de Atenea Niké (en inglés).
Categoría:Acrópole de Atenas Categoría:Templos gregos