300px|miniatura|O río Besòs e o Turó de Montcada, onde se asenta o concelloMontcada i Reixac é unha vila e municipio da comarca do Vallès Occidental dentro da província de Barcelona, Cataluña.
Forma parte da Área Metropolitana de Barcelona, e limita cos municipios de Barcelona, Sant Fost de Campsentelles, La Llagosta, Palau-solità i Plegamans, Santa Perpètua de Mogoda, Cerdanyola del Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Ripollet, Barberà del Vallès e Mollet del Vallès.
Historia O lugar de Montcada é mencionado xa no ano 989, e a primeira testemuña do castelo de Montcada, que se alzaba no monte do mesmo nome, dominando a antiga vía romana e o camiño ral, é de 1023.
Foi o lugar de orixe da famosa familia Montcada e centro da baronía de Montcada, que en 1390 pasou a ser propiedade da cidade de Barcelona.
En 1713 o castelo de Montcada foi derribado por orde de Filipe V para evitar que os cataláns puideran volver a utilizalo contra os casteláns despois da Guerra de Sucesión.
A igrexa de Santa María de Montcada, ao lado do castelo, románica (xa mencionada en 1134), subsistíu até 1808, cando foi derribada polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia española.
Do termo de Montcada derivaba a auga do Besòs cara ao famoso rego Comtal, que alimentaba os muíños de Barcelona. No século XV eran coñecidos os oficios de curtir as peles e traballar o vidro, que aproveitaban a abundancia de auga no municipio; dos séculos XVI e XVII consta a fabricación de papel. A inicios do século XX as augas de Montcada proviñan do antigo pobo de Sant Andreu de Palomar e, en parte, de Barcelona. A función de lugar de veraneo da burguesía barcelonesa que fora adquirindo desde o século XIX foi completamente freada pola instalación da fábrica de cemento Asland, en 1917, que marcou o inicio da industrialización do municipio.
Desde os anos 1950 foi afectada pola onda inmigratoria da rexión de Barcelona, que desbordou a vila e motivou a creación de novos núcleos, o crecemento doutros e a perda da vida tradicional da vila.
Entre 1950 e 1960 houbo un novo grande impulso industrial (talleres mecánicos, pequenas e medianas industrias), continuado na década seguinte con novas fábricas, como Levivier, Bosuga, Ignis ou Prebetong.
Á esquerda do río Besòs, na zona máis montañosa, encóntranse os lugares de Reixac e La Vallençana, integrados no barrio de Montcada, pequeno núcleo residencial e de veraneo.
Demografía O concello ten unha superficie de 23,34 km². En 2025 tiña unha poboación de 37.460 habitantes. A súa densidade ascendía a 1.594,04 hab/km².
Evolución demográfica1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008 2009 2025 1.710 6.513 8.656 22.46225.58227.95232.75033.45337.460
Barrios O municipio está formado polos seguintes barrios e lugares:
Can Cuiàs Can Sant Joan (Bifurcació): Bifurcació-Can Sant Joan Mas Rampinyo: Mas Rampinyo, Can Pomada, la Carrerada i el Pla d'en Coll (Montcada Nova), Mas Duran. Montcada: Montcada Centre, La Ribera, La Font Pudenta, Vallençana-Reixac (La Vallençana e Reixac) Terra Nostra: Terra Nostra (Santa María).
+BarrioHabitantes (2024)Can Cuiàs3.064Can Sant Joan5.344Mas Rampinyo12.131Montcada i La Vallençana-Reixac13.139Terra Nostra (Santa María)3.418Fonte: IDESCAT
Economía A economía tradicional de Montcada i Reixac baseouse sempre na agricultura: viña, trigo, patacas, fresa e árbores froiteiras. En 1917 produciuse unha importante industrialización coa instalación de diversas empresas, entre as que destacou a fábrica de cemento Asland.
miniatura|O río Besòs en Montcada i Reixac Comunicacións Montcada i Reixac establéceuse como un nó ferroviario polo que transcorren tres liñas. A cidade ten cinco estacións de ferrocarril en activo (Montcada Bifurcació, Montcada i Reixac-Manresa, Montcada i Reixac Santa Maria, Montcada-Ripollet e Montcada i Reixac). Dende 2003 existe tamén unha estación da Liña 11 do Metro de Barcelona no lugar de Can Cuiàs.
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina web do concello Informació da Generalitat de Catalunya Información do Institut d'Estadística de Catalunya
Categoría:Montcada i Reixac