O Capital One Arena é un pavillón multideportivo e unha zona de entretemento situado en Washington, D.C., Estados Unidos. O seu nome provén do seu principal patrocinador, a empresa de bancos Capital One. Dende a súa inauguración en 1997 até 2006 denominouselle MCI Center, outra empresa de telefonía que foi adquirida pola anterior. Popularmente chámaselle tamén a Cabina de teléfonos, pola súa relación có mundo da telefonía Verizon de 2006 a 2017. Historia O pavillón abriu as súas portas o 2 de decembro de 1997, na zona do Chinatown da capital estadounidense. Veu eemplazar ao US Air Arena, que se atopaba nas aforas da cidade. O Capital One Arena foi o catalizador da xentrificación do barrio chinés capitalino, o que forzou a moitos pequenos comercios chineses a pechar as súas portas, algo que provocou fortes polémicas entre a poboación oriental da capital.
Capacidade A capacidade total do Capital One Arena é de 20.173 espectadores para partidos de baloncesto, que se reduce a 18.277 cando se utiliza como pista de Hóckey sobre xeo ou para partidos de lacrosse.
Equipos O pavillón é compartido polos seguintes equipos: Washington Wizards (NBA) Washington Mystics (WNBA) Washington Capitals (NHL) Georgetown Hoyas (NCAA) Washington Power (NLL)
Eventos Ao longo da súa curta historia albergou numerosos eventos, algúns sen relación co deporte, como o circo Ringling Brothers and Barnum & Bailey Circus ou infinidade de concertos. No deportivo, o máis salientable é: World Championship Wrestling (WCW), 1997-2000 Torneo de baloncesto da NCAA, primeira e segunda rolda, 1998, 2002 e 2008 Torneo de baloncesto da NCAA, finais rexionais, 2006 World Wrestling Entertainment (WWE), 2000, 2005, 2007 NBA All-Star Game, 2001 WNBA All-Star Game, 2002 e 2007 Campionato do Mundo de Patinaxe, 2003 Torneo de baloncesto masculino da Atlantic Coast Conference (ACC) , 2005
Galería
Categoría:Pavillóns da NBA Categoría:Pavillóns de baloncesto dos Estados Unidos de América