Van de Sobra. Toda unha personaxe é unha curtametraxe de José Ángel Regueiro Rojo, rodada en 2007 en formato HD.
Armando Duval é un operario de correos afeccionado aos cómics. Mentres le un no seu traballo, é observado por un home estraño e enigmático, que lle aconsella que teña coidado cos exemplares únicos. Máis tarde, na súa casa, Duval é sorprendido por dous estraños personaxes.
Alí, o Doutor Notorius explícalle que tiña un axudante que, ante a falta de creatividade e inspiración á hora de debuxar, descubriu os raios UBRE, capaces de converter a unha persoa en personaxe de cómic.
Agora, a misión do Doutor é atopar os exemplares únicos para liberar as persoas convertidas en personaxe.
Véxase tamén Ligazóns externas ficha na páxina da AVG
Categoría:Curtametraxes galegas