miniatura|dereita|Parella galega nun carro transportando millo, 1979. Beatus ille é unha locución latina que se traduce "feliz aquel". Trátase das dúas primeiras palabras dun dos épodos máis famosos do poeta latino Horacio. O poema canta as excelencias da vida no campo ademais de amosar aprecio pola vida tranquila, fronte á axitación da vida mundana e frívola e das súas preocupacións.

Que se pode traducir por Feliz aquel que, lonxe dos negocios, / como a primitiva estirpe dos mortais, / labra os campos paternos cos seus bois, / libre de toda usura...

Tópico literario

O beatus ille é un tópico literario. Durante o Renacemento, frei Luis de León traduciu o poema horaciano, que logo serviu de base para a súa "Oda a la vida retirada".

Na mesma época o poeta francés Joachin du Bellay, abandeirado da Pléiade, escribiu o soneto "Heureux qui, comme Ulysse, a fait un beau voyage" ("Feliz quen, coma Ulises, fixo unha boa viaxe"). No seu poema presenta unha variante do tópico do beatus ille, exaltando non a vida solitaria, senón a vida viaxeira que vén rematar na tranquilidade da patria.

O poeta galego do século XIX Xosé García Mosquera A Gaita Gallega 31.03.1886, px. 3. recreou en verso o épodo horaciano:

Posteriormente, o poeta Xosé Crecente Vega tamén recorreu ao mesmo tópico:

Notas

Categoría:Locucións latinas Categoría:Tópicos literarios