Mikel Buesa Blanco, nado en Gernika-Lumo, Biscaia, o 23 de xaneiro de 1951, é un político e catedrático vasco de Economía da Universidade Complutense de Madrid, até setembro de 2007 presidente do Foro de Ermua, e dende esa mesma data membro promotor do partido político Unión Progreso y Democracia, partido que abandonou en xullo do 2009 denunciando prácticas autoritarias"Mikel Buesa, fundador de UPyD, deja el partido por su 'autoritarismo'" El Mundo.. É irmán de Fernando Buesa, dirixente do PSE asasinado por ETA en febreiro do 2000.
Notas
Categoría:Nados en 1951 Categoría:Políticos do País Vasco Categoría:Nados en Gernika-Lumo