Pumares é un apeadoiro de Adif, situado en Pumares, no concello de Carballeda de Valdeorras, provincia de Ourense. Actualmente non ten servizos de pasaxeiros.
Situación ferroviaria Está situada no punto quilométrico 285,9 da liña de ancho ibérico que une León e A Coruña, a 368 metros de altitude,Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento entre as estacións de Sobradelo e Quereño. O tramo é de vía única e está electrificado.
Historia A estación foi aberta ao tráfico o 4 de setembro de 1883 coa posta en marcha do tramo O Oural-Toural dos Vaos da liña que pretendía unir Palencia coa Coruña.Palencia a A Coruña ( Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España) Spanishrailway As obras correron a cargo da Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León ou AGL creada para continuar cos proxectos iniciados pola Compañía do Ferrocarril do Noroeste de España e xestionar as súas liñas. En 1885, a mala situación financeira de AGL tivo como consecuencia a súa absorción por parte de Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación Sitúase ao sur da localidade xunto ao río Sil. O seu edificio para viaxeiros é un simple refuxio. Posúe unha única plataforma lateral á que accede a vía principal.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de estacións de tren de Galicia Ligazóns externas Información da estación na web de Adif
Pumares Categoría:Carballeda de Valdeorras