Héctor de Miguel Martín, anteriormente coñecido como Quequé, nado en Salamanca o 6 de xaneiro de 1977, é un humorista e presentador de televisión español.
Traxectoria Nado en Salamanca, deuse a coñecer en 1998, cando gañou o Imaginarock. Pouco despois presentou no Café Principal o seu espectáculo Directamente. Na radio colaborou co programa de Cadena 100 A media tarde e posteriormente presentou e dirixiu Puerto Latino en Cadena Dial Salamanca.
En televisión comezou na canle local de Salamanca colaborando no programa En escena para dar o salto á televisión nacional co segundo Certamen de monólogos de El Club de la Comedia, que conseguiu gañar. A partir de entón tamén realizou teatro vinculado aos monólogos como 5hombres.com e Noches de Cómicos. En televisión foi membro do equipo artístico de La corriente alterna, Splunge, La Noche… con Fuentes y Cía e Noche Hache.
Véxase tamén Ligazóns externas http://www.hectordemiguel.com/ Páxina de Quequé en IMDb
Categoría:Humoristas de Castela e León Categoría:Presentadores de televisión de Castela e León Categoría:Nados en Salamanca Categoría:Nados en 1977