miniatura|200px|Plumas do Príncipe de Gales A Selección de rugby de Gales (en ) representa ao País de Gales en torneos internacionais de rugby. Compite cada ano coas seleccións de Escocia, Francia, Inglaterra, Irlanda e Italia no Torneo das Seis Nacións. Gales ten gañado este torneo 24 ocasións, sendo o segundo no palmarés tras Inglaterra. A selección tamén compite na Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, sendo o seu mellor resultado até o de agora terceiro en 1987. A International Rugby Board (IRB) considera a Gales como unha nación Tier One (de primeiro nivel), e actualmente ocupa o sétimo posto na Clasificación da IRB a 19 de setembro de 2011.

O corpo gobernante da mesma é a Unión de Rugby Galesa, que foi fundada en 1881, o mesmo ano que xogaron o seu primeiro encontro fronte a Inglaterra. As actuacións de Gales no Home Nations Championship (agora o Seis Nacións foi mellorando de xeito exponencial, chegando á súa primeira "idade de ouro" entre 1900 e 1911. No seu primeiro encontro fronte á Nova Zelandia, coñecidos coma os All Blacks, en 1905, gañaron por 3:0 nun encontro moi famoso no Cardiff Arms Park. O rugby galés baixou de nivel entre a Primeira e a segunda guerra mundial, mais experimentou unha segunda "idade de ouro" entre 1969 e 1982 cando gañaron cinco campionatos do Cinco Nacións (incluíndo tres vitorias compartidas). Xogaron a primeira Copa do Mundo de Rugby en 1987 onde acadaron a súa mellor clasificación ata o de hoxe neste torneo, terceiros. Despois da declaración oficial da profesionalización do rugby pola IRB en 1995, Gales acolleu a Copa do Mundo de Rugby 1999 e, en 2005, acadou o seu primeiro Grand Slam no Seis Nacións, seguido por un segundo en 2008.

Os xogadores actuais máis destacados son Ryan Jones e o Xogador Internacional do Ano da IRB en 2008, Shane Williams. Williams ademais conseguiu máis ensaios que ningún outro xogador na historia de Gales con 55.

Gales xoga con camisolas vermellas coas Plumas do Príncipe de Gales. O seu actual estadio é o Millennium Stadium en Cardiff, rematado de construír en 1999 para substituír o Estadio Nacional de Cardiff Arms Park. Dez antigos xogadores de Gales forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby, e un deles foi incluído no Salón da Fama da IRB.

Historia O rugby chegou a Gales en 1850, cando o reverendo Rowland Williams chegou a Vice-Director no colexio universitario de St David. O primeiro club galés, o Neath RFC, foi fundado en 1871. O 19 de febreiro de 1881, Gales xogou o seu primeiro encontro internacional, organizado por Newport's Richard Mullock, fronte a Inglaterra, gañando os ingleses por sete goles.

Os primeiros anos (1850 - 1919) miniatura|esquerda|200px|Equipo de Gales en 1905 que derrotou a Nova Zelandiadereita|miniatura|200px|Gales contra Nova Zelandia

O 12 de marzo de 1881 a Unión de Rugby Galesa foi fundada no Hotel Castle, en Neath.http://www.rugbyfootballhistory.com/timeline1880s.htm Historical Rugby Milestones 1880s Dous anos despois o torneo das Home Nations foi por primeira vez xogado e non acadaron ningunha vitoria.http://www.rugbyfootballhistory.com/6nations.htm Historia do Seis Nacións .

A finais de 1905, Gales xogou o seu primeiro encontro fronte a un equipo de fora das Home Nations, fronte a Nova Zelandia, os All Blacks no Cardiff Arms Park. Os neozelandeses estaban invictos durante a súa xira nas Illas Británicas, gañando a Inglaterra, Irlanda e Escocia nos tres encontros anteriores ao de Gales. Antes do partido, os All Blacks realizaron a Haka (a famosa danza maorí), os 47.000 espectadores responderon a plena voz co Himno Nacional de Gales, o Hen Wlad Fy Nhadau ("Vella Terra dos Meus Pais"), a primeira vez que un himno nacional soou antes dunha competición deportiva. O á galés Teddy Morgan anotou primeiro para dar a Gales un 3 a 0, mais un pouco despois o All Black Bob Deans afirmou que conseguira un tanto arrastrándose detrás da liña de gol antes de que o arbitro chegase. Mais o arbitro sinalou melé e o marcador finalmente non trocou, gañando os galeses finalmente por 3 a 0All Black Test: 83rd All Black Game. Esta derrota foi a única dos neozelandeses, que só perderon 1 dos seus 35 encontros da xira.

En 1909, Gales gaña o Home Championship e logo, en 1910, o primeiro torneo das Cinco Nacións (agora xa incluíndo a Francia como a quinta nación). En 1911, Gales gaña o primeiro Grand Slam oficial gañando tódolos seus encontros do Cinco Nacións. Terían que pasar corenta anos até repetir a xesta. A primeira guerra mundial chegou en 1914 e o rugby foi suspendido durante a súa duración.

Anos de Posguerra (1920 - 1968) dereita|200px|miniatura|Pintura de Inglaterra contra Gales en 1931 dereita|200px|miniatura|Irlanda contra Gales, ilustración de 1920 Os anos da posguerra da primeira guerra mundial foron de declive para o rugby Galés. O peor período foi durante comezos dos anos vinte cunha recesión industrial no país moi grave, sendo a situación máis crítica no sur de Galés. Xogáronse 42 encontros, dos que só 17 foron gañados e 3 empatados. A depresión acabou con medio millón de persoas abandonando Gales para atopar traballo en calquera lar, incluíndo gran parte dos xogadores de rugby da Unión de Rugby Galesa. Entre 1923 e 1928, Gales acadou só 7 vitorias, 5 delas fronte a Francia.

O rexurdimento da economía e do rugby foron parellos nos anos 30, e en 1931 Gales gañou o seu primeiro campionato tras nove anos. En 1935, Gales gañou na súa xira ós All Blacks por 13 a 12 con Haydn Tanner facendo a súa primeira aparición. Durante a segunda guerra mundial o torneo das Cinco Nacións foi suspendido.

Despois da guerra, Gales xogou contra o equipo da armada de Nova Zelandia (os Kiwis) en 1946, perdendo por 11 a 3. O campionato das Cinco Nación volveu en 1947 gañando o título compartido con Inglaterra. En 1948 perdeu por primeira vez na casa contra Francia. Gañaron en 1950 o seu primeiro Grand Slam dende 1950. En 1956, Gales gaña de novo o Cinco Nacións, cousa que non se repetirá até 1964 de xeito compartido e 1965 de pleno dereito.

O 23 de marzo de 1968 aconteceu un fito histórico, non só para o rugby galés, senón para toda Gales, cando o público que asistía en Arms Park ao partido contra Francia impediu cos seus asubíos a interpretación do God Save the Queen, que ata entón se interpretaba como himno para a selección galesa, e entoou o Hen Wlad Fy Nhadau ("Vella terra dos meus pais"), himno de GalesVídeo en Youtube..

A segunda 'Idade de Ouro' (1969 - 1982) Durante este período, o equipo de Gales, especialmente entre 1969 e 1979 foi e segue a ser considerado un dos máis grandes equipos de rugby da historia. Con grandes xogadores a nivel mundial como Gareth Edwards, JPR Williams, Gerald Davies, Barry John e Mervyn Davies, Gales dominou o rugby do hemisferio norte, cun incríbel rexistro de vitorias, perdendo só cinco veces no Campionato das Cinco Nacións.

O fin desta era chegou coa derrota fronte a Escocia en Cardiff o 20 de marzo de 1982, sendo derrotados os Dragóns Vermellos por 18 a 32, a maior anotación en contra que concedeu Gales na casa na súa historia.

Os anos estériles (1983 - 2003) Gales gañou dous partidos en cada un dos torneos de 1983 e 1984 do cinco Nacións. Australia derrotou a Gales 28 a 9 no Cardiff Arms Park. Neste encontro recibiu o maior número de puntos contra Gales en Cardiff por un equipo fóra do Cinco Nacións.

De tódolos xeitos Gales segue a ser respectado polo momento na primeira Copa do Mundo en 1987. Despois de derrotar a Inglaterra nos cuartos de final, Gales viuse as caras fronte os All Blacks (selección de Nova Zelandia). Aínda que os neozelandeses gañaron por 46 a 9, Gales venceu a Australia no partido pola terceira praza O ano seguinte Gales gañou a Tripla Coroa por primeira vez dende 1979, pero grandes derrotas durante a xira en Nova Zelandia puxeron final ás carreiras dun gran número de xogadores galeses, que se pasaron ao rugby league (deporte semellante ao rugby).

En 1990, Gales sufriu o seu primeiro Cinco Nacións en branco e, en 1991, sufriron máis ou menos o mesmo destino ao acadar un só punto por un empate fronte a Irlanda en Cardiff. Na Copa do Mundo de Rugby de 1991 Gales perdeu o seu primeiro partido na fase grupos contra Manu Samoa. Posteriormente gañaron aos Pumas da Arxentina pero perderon estrepitosamente contra os actuais campións nese intre, Australia polo que foron eliminados antes da fase de cuartos de final.

As actuacións de Gales melloraron tempo despois, en 1998 coa chegada dun novo adestrador, Graham Henry, e o retorno de internacionais dende o rugby league. Henry conseguiu unha racha de dez vitorias consecutivas incluíndo a primeira vitoria de Gales sobre os actuais campións nese intre do mundo, Suráfrica, por 29 a 19, no partido inaugural do Millennium Stadium, co que os medios de comunicación galeses comezaron a chamalo the great redeemer (o gran redentor)Henry O "Great Redeemer" . Gales acolleu o Mundial de Rugby de 1999, no que Gales se clasificou por primeira vez a cuartos de final dende 1987, onde perderon 9 a 24 contra Australia. Xa cun novo adestrador no Mundial de 2003, Gales anotou catro ensaios contra Nova Zelandia, perdendo ao final 53 a 37, e máis tarde perdendo cos que logo serían os campións do torneo, Inglaterra, por 28 a 17, nos cuartos de final

Rexurdimento (2004 - Presente) Adestrados por Mike Ruddock, Gales gañou o seu primeiro Grand Slam do Torneo das Seis Nacións (dende que se incorporou Italia) en 2005. Comezaron vencendo 11 a 9 sobre Inglaterra no Millennium Stadium, grazas a un penalti de longa distancia de Gavin Henson. Logo dunha vitoria sobre Italia, Gales enfrontouse a Francia, partido que ían perdendo 15 a 6 no intermedio. Gales conseguiu darlle a volta ao marcador vencendo 24 a 18, nun dos partidos máis emocionantes de todo o torneo. Os do XV do Dragón máis tarde venceron a Escocia fora da casa (46 a 22) e despois, no Millennium, fronte a unha multitude de seareiros, xogaron o partido final do torneo fronte a Irlanda. Gañando os Dragóns Vermellos por 32 a 20, no seu primeiro título do campionato dende 1994, e o seu primeiro Grand Slam dende 1978Wonderful Wales exude joy of Six . A derrota por 41 a 3 contra os All Blacks no Millennium Stadium a finais de ano, supuxo a maior derrota da historia en chan galés. Foi seguido por unha vitoria por un só punto contra Fidxi, unha derrota fronte a Suráfrica e unha vitoria contra Australia

O 14 de febreiro de 2006 Mike Ruddock rexeitou continuar coma adestrador de Gales por motivos familiaresRuddock steps down as Wales coach . O 10 de maio de 2007, Gales e Australia decidiron celebrar 100 anos de partidos de rugby entre os dous países co estabelecemento do Trofeo James BevanNovo trofeo para Gales contra Australia. Australia gañou as series 2 a 0.

No Mundial de 2007, Gales fallou e non conseguiu pasar aos cuartos de final. O 8 de outubro dese ano, a WRU e Unión de Rugby de Suráfrica estabeleceron o Trofeo Prince William para conmemorar 100 anos de rugby entre Gales e o estado africano.