A regra de Wahl é unha regra de formación de palabras, desenvolvida polo lingüista Edgar de Wahl e aplicada no idioma artificial Interlingue (chamado tamén "Occidental") creado por el. Serve para crear certas formas gramáticas a través doutras (por exemplo substantivos de verbos).

Regra Os infinitivos dos verbos no idioma Interlingue teñen máis frecuentemente as terminacións en -ar ou -er. A raíz é recibida da seguinte maneira: Se, despois de retirar un -r ou -er do infinitivo, a raíz remata en vogal, engádeselle un -t ou cambia de y a t: crea/r, crea/t-, crea/t/or; atiny/er, atin/t, atin/t/ion Se a consoante final da raíz é d ou r, cámbiase a s: decide/er, deci/s-, deci/s/ion En casos restantes, con seis excepcións, ao se retirar a terminación dá a raíz esixida: duct/er, duct-, duct/ion.

Estas seis excepcións son: ced/er, cess- sede/er, sess- mov/er, mot- ten/er, tent- vert/er, vers- veni/r, vent- e os verbos formados daquelas a forza de prefixos.

Polo tanto, a regra componse de tres partes, é frecuentemente chamada como as tres regras de Wahl.

Créanse os verbos de substantivos e de adxectivos, retirando as terminacións e recibindo a raíz. Despois de axuntar -r ou -er, recíbese o infinitivo na maioría de casos: decora/t/ion, decora/t-, decora/r.

Aplicación Esta regra foi aplicada ao idioma Interlingue. Após unha modificación eventual pódese aplicar esta regra para a creación de novas formas de vocábulos particularmente en linguas románicas ou nas que toman prestado vocabulario de linguas románicas.

Véxase tamén Ligazóns externas Henry Jacob, The Preparatory Work for an International Technical Terminology reimpresión de The British Steelmaker, decembro de 1945. Henry Jacob, Occidental (1922) by Edgar de Wahl

Categoría:Formación de palabras Categoría:Linguas artificiais